eventos
VI edición da ruta recolledora de cogomelos
Dende o Concello de Vilasantar organizamos a VI edición da ruta recolledora de cogomelos. Será o sábado, 26 de outubro. Sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 e percorreremos a contorna ata as 13:30. Iremos guiados por unha persoa experta en fungos e cogomelos.
A continuación, desprazarémonos ata o restaurante O Castiñeiro para degustar os froitos recollidos. A comida ten un custo de 15 euros por persoa, pero a ruta é gratuíta.
Para participar, anótate chamando ao 981 77 81 69 ata o 23 de outubro.
Novas
5ª edición da xornada de recolección de cogomelos en Vilasantar
Coas choivas intensas que remollaron o noso concello nas últimas semanas, agardamos con moitas ganas que chegue a tempada de cogomelos! Por iso, un ano máis, organizamos unha xornada de recolección destes deliciosos froitos da terra e posterior degustación dos manxares no Castiñeiro!
O sábado 18 de novembro sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 h e pasearemos pola contorna buscando fungos e cogomelos ata as 13:30 h. Contaremos coa presenza de persoas expertas en identificación, así que é a ocasión perfecta para iniciarte na recolección destes tesouros naturais.
Despois dunha mañá moi activa, desprazarémonos ata o Castiñeiro para degustar os froitos recollidos e máis comida caseira. Non podes faltar!
As prazas son limitadas, así que chama canto antes ao concello para reservar a túa ata o 15 de novembro! 981 77 81 69 O prezo de toda a xornada con comida incluída é de 15€ por persoa.