actividades municipais, eventos, Novas
XORNADAS DE TERMALISMOEN ATTICA 21 DE VILALBA
Saúde e calidade de vida. XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA.
- 7 de novembro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
- 14 de novembro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Número de prazas: 30 cada días
Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar.
As prazas adxudicaranse por orde de anotación.
Non se poderá escoller a data.
Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
eventos
I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo
O GDR Ulla, Tambre, Mandeo organiza o I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo para promover o cicloturismo, unha modalidade respectuosa e sá de achegarse ao patrimonio natural. Cada ruta terá dúas modalidades para adaptarse ao nivel das persoas participantes. A saída será ás 9:30 h os dous días e a entrega de dorsais comezará ás 8:15 h nos puntos de inicio.
O 13 de setembro: saída de Boimorto e o percorrido atraveserá Vilasantar e Arzúa.
- A Jraveliña ou ruta curta terá un trazado de 31,48 km e un desnivel de 452 metros.
- O Jravelón ou ruta longa abranguerá 60,22 km e un desnivel de 1.306 metros.
O 27 de setembro: saída de Toques e percorrido por Sobrado dos Monxes.
- A Jraveliña terá un total de 34,3 km e 869 metros de desnivel.
- O Jravelón chegará aos 50,83 km e un desnivel de 1.380 metros.
actividades municipais, eventos
Festa dos maiores 2025
Se tes máis de 60 anos, xa te podes anotar para participar na festa dos maiores! Será o 21 de xuño, comezando cunha misa solemne na igrexa de Présaras ás 13:00 h, para a continuación desprazarnos ao pavillón de Présaras, onde comezará o xantar.
O menú consitirá en empanada de bonito, polbo á feira, xarrete de tenreira galega con patacas e verduras de guarnición, pastel de queixo e tarta de améndoas, café con gotas e augardente do Ulla, viño tinto e branco DO, refrescos e auga. A xornada estará amenizada polo dúo Os Trasnos.
As persoas empadroadas en Vilasantar maiores de 60 anos poderán acudir de xeito gratuíto, mentres que as non empadroadas con vivenda en Vilasantar terán que aboar 20 euros e as que non teñan casa, 30 euros.
Os pagos deberán efectuarse na conta de Abanca ES16 2080 0024 1931 1000 0012, especificando no concepto “Festa dos maiores 2024”, indicando nome, apelidos e DNI. Deberase entregar o xustificante de pago no momento de anotarse.
O día límite para confirmar a asistencia é o 13 de xuño e pódese facer chamando ao 981 778 169 ou na oficina do consistorio.
eventos, Novas
ITV agrícola en Vilasantar
A ITV agrícola visitará o Concello de Vilasantar en próximas datas.
- 30 de xaneiro. de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
- 31 de xaneiro: de 9:00 a 13:30 h.
- 3 de febreiro: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
Estará ubicada na explanada da igrexa de Barbeito.
É necesario pedir cita previa chamando ao 981 92 80 80 ou na sección «CITA PREVIA» da páxina web www.sycitv.com.
eventos
VI edición da ruta recolledora de cogomelos
Dende o Concello de Vilasantar organizamos a VI edición da ruta recolledora de cogomelos. Será o sábado, 26 de outubro. Sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 e percorreremos a contorna ata as 13:30. Iremos guiados por unha persoa experta en fungos e cogomelos.
A continuación, desprazarémonos ata o restaurante O Castiñeiro para degustar os froitos recollidos. A comida ten un custo de 15 euros por persoa, pero a ruta é gratuíta.
Para participar, anótate chamando ao 981 77 81 69 ata o 23 de outubro.
eventos
Sendeirismo pola ruta dos muíños
Xoves, 22 de agosto.
Saída ás 10:00 h do Batán de Mezonzo. Iremos ata a ponte da Gándara e voltaremos ao batán ás 12:00 h. Recoméndase levar auga e un petisco.
Anotarse chamando ao 981 77 81 69.
eventos, sostibilidade, Xestión de residuos
Campaña de compostaxe doméstica en Vilasantar
A próxima semana terán lugar varias reunións en todas as parrioquias para falar da taxa do lixo, o tratamento dos biorresiduos e outras recollidas selectivas e para buscar domicilios voluntarios para o futuro proxecto de recollida porta a porta. Ademais repartiremos composteiros de balde!
- Luns, 1 de xullo
- Local social de Mezonzo ás 11:00 h
- Local social de Barbeito ás 16:00 h
- Martes, 2 de xullo
- Local social de Armental ás 17:00 h
- Local social de San Vicenzo ás 19:00 h
- Mércores, 3 de xullo
- Local social de Vilasantar ás 12:00 h
- Local social de Présaras ás 17:00 h
- Xoves, 4 de xullo
- Local social de Vilariño ás 11:00 h
Se che interesa, pero non podes asistir, chama á casa do concello: 981 77 81 69
Reduce a túa pegada ecolóxica! 💚
eventos, Novas
Campamentos deportivos de verán da Deputación da Coruña 2024
Xa está aberto o prazo de preinscrición para os campamentos deportivos da Deputación da Coruña para este verán de 2024. Podes presentar a inscrición na casa do concello ata o 28 de maio.
Ao Concello de Vilasantar correspóndelle a quenda do 30 de xuño ao 5 de xullo, para nenos e nenas empadroadas no municipio nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015. Terá preferencia a rapazada que non participase nos campamentos en edicións anteriores.
O campamento terá lugar no IES Rosalía Mera, na rúa Archer Milton Huntington, 24, na Coruña.
Máis información en https://www.dacoruna.gal/deportes/campamentos-deportivos
eventos
Recollida de plásticos agrícolas
O xoves, 9 de abril, a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
Podes anotarte ata o venres, 5 de abril, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente da terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de PVC, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rexeitada a recollida.
Os fardos deben estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
eventos, Novas
I Festa do Bacalao en Vilasantar
Que ganas tiñamos de poder comunicar a próxima gran festa do noso Concello! Reserva o día completo, porque temos xolda para largo.
- 27 de abril
- Xardín botánico de Présaras
Podes adquirir os teus tíckets na casa do concello ou en calquera bar. O custe do xantar é de 30 euros por persoa e o menú será ensalada de bacallau, empanada de bacallau e bacallau ao forno, ademais de viño, sobremesa e café. O produto será de primeira calidade, como non pode ser doutro xeito tratándose de Bacallaos Boado.
Ademais teremos sesión vermú a cargo do DÚO Reflejos, inchables para a cativada e á noite… 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐱𝐮𝐯𝐞𝐧𝐭𝐮𝐝𝐞 co DÚO Reflejos e a orquestra París de Noia! Pero ollo, que a xuventude de corazón e mente tamén será máis que benvida á troula!



