Emprego, Novas
Licitación para outorgamento dunha licenza de taxi mediante concurso no Concello de Vilasantar
Mediante Resolución da Alcaldía do Concello de Vilasantar de data 16 de maio de 2023, aprobouse o expediente para o outorgamento de licenza de taxi mediante concurso:
- O obxecto desta convocatoria é a adxudicación polo procedemento de concurso dunha licenza de taxi deste Concello, en réxime de concorrencia, licenza de autoturismo (clase B), para a prestación do servizo de transporte de viaxeiros, sen taxímetro, e as correspondentes autorizacións que habilitan para a prestación de servizos públicos interurbanos.
- A obtención de documentación e información: pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso previsto estarán a súa disposición ao final deste texto e no departamento de Secretaría municipal.
- Presentación de ofertas: concedendo un prazo de 15 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia (23 de maio de 2023) para a achega de solicitudes de participación no concurso.