Novas
Aviso de cortes e desvíos do tráfico en Ru
Por mor das obras de humanización da AC-194 no lugar de Ru, na contorna da casa consistorial, e para garantir os prazos de execución, realizaranse cortes e desvíos do tráfico rodado:
- Corte total do tráfico na zona de obras diante da casa do Concello.
- Corte y sinalización de desvío por itinerario alternativo para turismos.
- Parada de autobús de liña na glorieta de acceso sur desde AC-840. Reubicamos a parada porque o tamaño do autobus impide xirar dentro da travesía.
- Acceso desde o norte e parada de minibús escolar preto da casa do Concello. As dimensións do minibús si permiten maniobrar na travesía.
Mañá, mércores 11 de decembro, está previsto executar o formigón lavado na calzada do lado do Castiñeiro. Así pois, o corte ao tráfico terá lugar a partir do xoves a primeira hora, quedando o paso totalmente pechado. A continuación executarase o resto da calzada entre o 12 e o 20 de decembro.
Nesta liña, está prevista a apertura ao tráfico da primeira parte da actuación (a calzada do lado do Castiñeiro) a finais da vindeira semana. No tocante ao resto da calzada, é preciso deixar que o formigón obteña a resistencia axeitada, polo que se restaurará o tráfico nesa área a finais de ano.