Axudas
Subvencións para «Rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo en Galicia
Convocatoria de subvencións para «Rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia”, para as anualidades 2026 e 2027. (TR358E e TR358F)
Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar as subvencións previstas para a liña con código de procedemento TR358E:
a) As empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de vivendas, das cales sexan propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos, e que vaian ser destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras coas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo.
b) Persoas físicas ou xurídicas que dispoñan de vivendas, das cales sexan propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos e que teñan subscrito con algunha das empresas referidas na letra a) o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con esa empresa.
2. Poderán solicitar as subvencións previstas para a liña con código de procedemento TR358F os concellos que dispoñan de vivendas, das cales sexan propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos e que teñan subscrito con algunha das empresas referidas na letra a) do punto 1 deste artigo o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con esa empresa.
As axudas estarán destinadas á rehabilitación de vivendas das que sexan propietarias, usufrutuarias ou cesionarias do seu uso por un prazo mínimo de 10 anos, a:
a) empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que destinen esa vivenda a vivenda habitual de persoas traballadoras coas que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo.
b) persoas físicas ou xurídicas que teñan subscrito con algunha das empresas referidas na letra a) o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas traballadoras que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con esa empresa.
As axudas previstas nas letras a) e b) tramitaranse co código de procedemento TR358E.
c) concellos que teñan subscrito con algunha das empresas referidas na letra a) o oportuno instrumento xurídico onde acorden destinar a vivenda a rehabilitar a vivenda habitual de persoas traballadoras que teñan subscrito ou subscriban contrato de traballo con esa empresa.
As axudas previstas na letra c) tramitaranse co código de procedemento TR358F.
Para cada solicitude indicarase o código de procedemento que corresponda, non se poderá presentar unha mesma solicitude de subvención para as dúas liñas de axuda.
Prazo de presentación de solicitudes dende 16/05/2026 ata 15/07/2026)
Contía das axudas
As axudas reguladas nesta orde poderán ser destinadas á rehabilitación tanto de vivendas unifamiliares coma de edificios residenciais colectivos inacabados ou que se encontren en situación de esqueleto inmobiliario.
Para o caso de que a vivenda que será obxecto da rehabilitación subvencionable sexa unha vivenda unifamiliar, a contía das axudas poderá alcanzar ata o 95 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada, agás no caso de que o solicitante da axuda sexa un concello, caso en que a contía poderá alcanzar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 75.000 euros por vivenda rehabilitada.
Para caso de edificios residenciais colectivos inacabados ou que se encontren en situación de esqueleto inmobiliario, a contía das axudas poderá alcanzar ata o 95 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 30.000 euros por cada unha das vivendas que formen parte do inmoble, nin a cantidade conxunta para todo o inmoble poida superar os 300.000 euros.
O límite máximo por vivenda rehabilitada incrementarase en 1.000 € no caso de que a vivenda unifamiliar ou o edificio residencial colectivo que se vai rehabilitar estean situados nun área Rexurbe creadas conforme a Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
O orzamento de execución das obras poderá incluír, conforme o establecido no artigo 3.2 desta orde, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan; os informes técnicos e certificados necesarios; os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.
As persoas interesadas poderán solicitar, a maiores da axuda para a rehabilitación da vivenda, a contratación do seguro de impago do alugamento ou cesión de uso sobre a vivenda obxecto da actuación, non podendo superar en ningún caso o importe máximo anual de 600 euros, polo tempo de duración do contrato de alugamento ou cesión de uso da vivenda, ata un máximo de 5 anos.
Réxime de concesión
1. O procedemento de concesión de subvencións tramitaráse e resolverase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que a concesión das subvencións se realiza a través da comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración fixados nesta orde e adxudicar, co límite tamén fixado nesta orde dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios.
2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo no caso de ampliación da contía máxima dos créditos dispoñibles para ela segundo o disposto no artigo 5.2 desta orde.
3. Poderá concederse un máximo de tres axudas por persoa solicitante para o caso de vivendas unifamiliares, e un máximo de dez axudas se se trata de vivendas que formen parte dun edificio residencial colectivo inacabado ou que se encontre en situación de esqueleto inmobiliario.
A persoa solicitante deberá presentar unha solicitude para cada unha das vivendas para as que se solicita a axuda.
Axudas, Novas
Axudas para obras de renovación en vivendas
Publicado no DOG nº113 do 15 de xuño 2023
- VI406E: Axudas para a mellora de eficiencia enerxética para calefacción, refrixeración e os elementos construtivos da envolvente térmica das vivendas (fachadas, cubertas…).
Importe: 40% do custo das actuación cun límite de 3.000 €/vivenda. - VI406F: Axudas para a mellora de eficiencia enerxética de rehabilitación a nivel de edificio para envolvente edificatoria (ventás, portas…).
Importe: segundo o aforro enerxético acadado (mínimo 30%) e do custo da actuación, mínimo 6.300 € é máximo 18.800 € (estes importes varían en función da tipoloxía residencial, vulnerabilidade económica…). - VI406G: Axudas para elaboración do libro do edificio e da redacción de proxecto de rehabilitación.
Importe: varía en función do número de vivendas.
Fin solicitudes: 2 de outubro de 2023 ou esgotamento de crédito.
As persoas beneficiarias poden autorizar que un axente/xestor da rehabilitación lles tramite esta axuda. Recoméndase realizar a solicitude da subvención a través desta figura xa que, entre outros requisitos, débese presentar un proxecto/memoria de rehabilitación subscrito por técnico competente e certificado de eficiencia enerxética da vivenda.
Máis información:
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central s/n Polígono de Fontiñas – 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881045897
Email: rehabilitacionenerxetica@xunta.gal



