Novas
VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL AO NOVO PARQUE INFANTIL DO ROSEO; publicado o 16/06/21
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo parque infantil situado no entorno da pista multideporte de O Roseo, no concello coruñés de Vilasantar. Deste xeito, nun concello rural con núcleos dispersos como Vilasantar, esta iniciativa na que colaboran a Xunta e o municipio, concentrou varias actividades para os máis pequenos nun mesmo entorno que conta coa piscina municipal, unha pista polideportiva e este novo parque infantil.
No marco da colaboración entre a Administración autonómica e a local en actuacións que redunden no benestar da cidadanía, a Xunta apoiou neste caso a construción do novo parque. As obras supuxeron o acondicionamento do terreo para acoller a infraestrutura, a colocación do pavimento acorde coa contorna, a instalación de varios elementos de xogo –tirolina, estrutura de torres con rocodromo, rede de trepa e tobogán, un columpio mixto e dous balancíns-, ademais da súa sinalización