Novas
XORNADA A FAVOR DA IGUALDADE: VILASANTAR COA MULLER LIBRE
Celebrouse o sábado 19 de maio a 1ª xornada “Vilasantar coa muller libre” que organizou conxuntamente o Concello de Vilasantar e o centro de información á muller de Curtis.
Preto de 70 persoas disfrutaron da obra de teatro “1879. Casa de bonecas” gañadora do 1º premio Luisa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña”. Ao remate da obra teatral e dirixido pola directora do CIM, Natalia Vázquez Pita, houbo un pequeno coloquio interxeracional onde cinco mulleres de Vilasantar de distintas xeracións compartiron as súas experiencias de vida en relación coa igualdade e a desigualdade de xénero. Puidose comprobar ao remate do acto como reflexión que algo de avance social houbo en canto as liberdades da muller, pero que queda moitísimo traballo por facer, que é unha tarefa e labor de todos e todas, de homes e de mulleres: unha loita de persoas. A maiores o Concello de Vilasantar, por medio do seu Alcalde, manifestou o seu compromiso a non reducir recursos, servizos ou presupostos para combatir a violencia machista e apoiar ás victimas.
Pode visualizar as fotos da xornada na galería fotográfica.