Novas
XORNADA DE ESPAZO SONOROS – Patrimonio, Música, Turismo
O pasado sábado, 2 de setembro, celebrouse en Vilasantar a inauguración do décimo aniversario do festival Espazos Sonoros.
Comezou a xornada ás 11 da mañá cun percorrido pola “ruta dos muiños”; durante tres horas camiñouse pola veira do río Gándaras, pasando a carón da central eléctrica, de varios muiños antigos (de pezas e de maquía) e do Batán de Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, xunto ca fervenza, un complexo etnográfico dunha gran beleza paisaxística e natural.
Logo de xantar, visitouse a granxa ecolóxica “Millo e Landras” onde se celebrou un obradoiro para a elaboración de queixo do país artesán.
Por último, as 20 horas, na igrexa de Santa de María de Mezonzo, foi o concerto inaugural da man de tres virtuosas personalidades: Marco e Angela Ambrosini e Eva-María Rushe. O repertorio foi unha magnífica mostra de toda a variedade de elementos e concepcións relativas ao barroco, con formas musicais propias dos séculos XVI e XVII.
Na xornada participaron cerca de 80 persoas e 100 para o concerto.
Poden acceder as fotos da xornada na galería fotográfica.