Novas
Xornadas de Termalismo
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo” en ATTICA 21 de Villalba
8 de Maio (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
15 de Maio (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 27 de abril
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
* As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
* As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
* As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.