Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo”
en ATTICA 21 de Villalba
14 de marzo (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
21 de marzo (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 27 de febreiro
Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 € (custo do autobús)
* As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
* As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
* As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.