Cultura, Novas
A obra de teatro A Nai chega a Vilasantar
A obra de teatro multidisciplinar A Nai, de Amorodio Teatro, recibiu o premio Luisa Villalta no ano 2022.
«La Madre» era o nome en clave do enlace da rede clandestina de ferrocarril que pasaba por Ribadavia. As persoas que chegaban á estación debían preguntar por ela para poder acadar a liberdade. Lola, Amparo e Julia Touza eran tres irmás que rexentaban o quiosco da estación de tren. O que ninguén soupo ata despois da súa morte é que tamén foron as responsables de salvar a vida de arredor de 500 xudeus que fuxían do Holocausto.
Dirixida a público aduto.
- Sábado, 9 de marzo
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar



