Novas
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS B.O.E 18 DE MARZO publicado o 20-03-2020
Publicado o 20 de Marzo de 2020
Novas
“OCUPA O TEU TEMPO NA CASA” publicado o 18-03-2020
Dende o Concello de Vilasantar queremos animar aos nosos veciños, sexan nenos, xoves ou maiores, a ocupar e aproveitar o tempo que temos que estar na casa para evitar a propagación do COVID-19. Estas son tan só unhas alternativas dos milleiros que podedes atopar; a nós para comezar, parécennos moi atractivas.
1.- Na páxina da UNESCO tes acceso á biblioteca dixital mundial. Poderedes aproveitar o tempo culturalmente, qué regalazo da unesco para a humanidade enteira!, qué millor momento!. Reune mapas, textos, grabacións, fotos… de todos os tempos e explica as xoias e reliquias de todas as bibliotecas do planeta. https://www.wdl.org/es/
2.- IDEAS PARA FACER ESTES DÍAS COS NENOS/AS NA CASA.
Para os máis cativos mandamos este pdf, onde atoparedes un conxunto de aplicacións con distintas actividades para tablet ou móvil e distintas webs para o ordenador; actividades de manualidades, sensoriales, para material imprimible, museos virtuales, canles de you tube de contos infantís, e 70 ideas fáciles para xogar dentro da casa.
3.- Mandamos tamén un calendario para manternos en forma na casa; sólo tendes que clikar encima de cada día e comeza un video da clase. Para quen poida…ou quen queira.
4.- Tedes por internet un montón de páxinas nas cales vos aconsellan como pasar o tempo na casa.
Aquí tedes unha: https://es.wikihow.com/pasar-tiempo-en-casa
Tócanos ser responsables e dende o concello de vilasantar, aconsellamos:
QUÉDATE NA CASA
Publicado o 18 de Marzo de 2020
Emprego, Novas
MEDIDAS URXENTES DO SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO publicado o 16-03-2020
Publicado o 16 de Marzo de 2020
Novas
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS.
O Concello de Vilasantar foi beneficiario das subvencións concedidas polo Instituto Enerxético de Galicia para proxectos de enerxias renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no margo do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
| Código Solicitude | Data presentacion | Proxecto | Axuda | Coste Total |
| IN421G-201 | 27-05-2019 | Estufa de Pellets Local Social Vilasantar | 1064,00 | 2418,09 |
| IN421G-205 | 27-05-2019 | Estufa de Pellets Local Social de Barbeito | 2245,76 | 4225,47 |
Novas
RECOLLIDA VOLUMINOSOS. 30 AGOSTO 2019.
O día 30 de Agosto de 2019 está prevista a recollida dos resíduos voluminosos.
Todos aqueles veciños que quernn tirar algun tipo de residuo encadrado no tramo de voluminoso teñen que chamar ao concello de Vilasantar, 981 778 169, e anotarse para que llos vaian recoller antes do día 26 de Agosto ás 13:00 h.
Recordamos, que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorización deste.
Non se recollen neumáticos, plásticos agrícolas ou restos de obras.



