Novas
REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DO PARQUE EÓLICO ABRENTE. PUBLICADO 09/12/2022
O mércores día 14 ás 11 horas no local social de Armental.
Novas
CAMPAÑA NEVE 2023. PUBLICADO 07/12/2022
Para rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31/12/2022.
Inscricións no Concello ata o 16/12/2022.
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL. PUBLICADO 01/12/2022
Do 23 de decembro ata o 5 de xaneiro para todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos, no Colexio Público de Présaras.
Novas
REUNIÓNS EXPLICATIVAS DA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA. PUBLICADO 30/11/2022
O próximo luns tes unha cita na primeira quenda das reunións explicativas da campaña de compostaxe doméstica!
? Luns 5 de decembro
? Local social Mezonzo 10.00 h
? Local social Vilasantar 11.00 h
? Local social Vilariño 12.00 h
? Local social Armental 17.00 h
? Local social San Vicenzo 18.00 h
Se non podes acudir, non te preocupes, o venres 9 facemos outra rolda!
? Local social Présaras 10.00 h
? Local social Barbeito 11.00 h
? Os residuos orgánicos son moi valiosos e queremos axudarte a aproveitalos!
Novas
COMPOSTAXE EN VILASANTAR. COIDANDO O MEDIOAMBIENTE. PUBLICADO 30/11/2022
Dende o Concello anímase á veciñanza a inscribirse ao proxecto de compostaxe doméstica, implicando así a Vilasantar na loita contra o cambio climático. Este proxecto axuda tanto a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible como a reducir a pegada de carbono.
O Concello de Vilasantar pretende, con esta aposta pola compostaxe, que os residuos orgánicos xa non cheguen aos colectores da rúa, pechando así o ciclo da materia orgánica nos propios fogares.
A iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
O seguimento da campaña prolongarase durante un ano e participar e de balde. Para apuntarse é necesario asistir a unha das reunións ou poñerse en contacto co concello. Nestas informarase sobre a taxa do lixo, a obrigación da recollida separa de biorresiduos e outras recollidas selectivas. Por outra banda, explicarase o proxecto de futuro de recollida porta a porta.
Esta iniciativa conta co apoio da Cooperativa ecolóxica Millo e Landra e da Asociación O Camiño Sostible.
Unha vez inscritas as familias, serán contactadas vía telefónica para proceder á instalación do composteiro na casa. O día da instalación recibiran unha breve formación por parte dun experto en compostaxe. Durante todo o ano darase seguimento ao programa, facendo visitas aos fogares, enquisas e formación continua.
O único requisito para formar parte deste programa é ser veciño/a do Concello, ter un pequeno xardín ou terreo e estar disposto/a e motivado/a para formar parte deste proxecto educativo e formativo
Novas
VILASANTAR POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Ata o día 2 de decembro podes visitar no edificio do Concello a exposición «Chicas Nuevas 24 horas» de Mabel Lozano. Está composta por impactantes fotografías que plasman a cruenta realidade de vítimas de explotación sexual en Arxentina, Colombia, Paraguai, Perú e España.
Se queres vir a coñecer todo o proxecto, este venres 25 ás 17:00 horas faremos unha visita guiada pola exposición e despois proxectaremos o documental «Chicas Nuevas 24 horas» nominado aos premios Goya no 2015.