Novas
Axudas de eficiencia enerxética e conservación, seguridade e accesibilidade do Plan Estatal 2018-2021
As actuacións deberán ser realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva e nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996 e constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas arrendatarias, no momento de solicitar a axuda deste programa.
Novas
RENOVACIÓN DNIe
Os próximos días 21, 22 e 23 de novembro e os días 5, 7 e 10 de decembro de 2018 o equipo móvil do DNIe desplazarase ao Concello de Curtis para efectuar as renovacións e expedicións oportunas.
A estes efectos, a inscrición debe facerse no Concello de Curtis, chamando ao 981 789 030
Novas
CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL
Lugar de realización: local social de Vilasantar
Días: 28, 29, 30 de setembro e 5, 6, 7 de outubro de 2018 (venres tarde, sábado todo o día e domingo mañá)
O prazo para anotarse está aberto, e remata o 31-08-2018. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática, apartado «formación» en http://agasp.xunta.gal/gl
Destinatarios: todo o público en xeral, maiores de 18 anos (ou de 16 con autorización), interesados na labor de voluntariado. Para ser voluntario de protección civil é obrigatorio contar con este curso. Mínimo de participantes: 20.
Organiza: Academia Galega de Seguridade Pública
Colabora: Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilasantar.
Máis información: 981 778 169 (Trini)
Novas
XORNADAS DEPORTES DE CONTACTO (KICKBOXING, BOXEO, DEFENSA PERSONAL)
A PARTIR DE 12 ANOS EN HORARIO DE MAÑÁ. MARTES E XOVES DO 13 AO 31 DE AGOSTO
ANOTARSE ANTES DO 9 DE AGOSTO NO CONCELLO DE VILASANTAR







