Novas
TEATRO FILLOS DO SOL_CULTURA NO CAMIÑO 2018
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
DÍA: SÁBADO, 9 de XUÑO de 2018
HORA: 19:00h
Novas
XORNADA A FAVOR DA IGUALDADE: VILASANTAR COA MULLER LIBRE
Celebrouse o sábado 19 de maio a 1ª xornada “Vilasantar coa muller libre” que organizou conxuntamente o Concello de Vilasantar e o centro de información á muller de Curtis.
Preto de 70 persoas disfrutaron da obra de teatro “1879. Casa de bonecas” gañadora do 1º premio Luisa Villalta pola Igualdade da Deputación da Coruña”. Ao remate da obra teatral e dirixido pola directora do CIM, Natalia Vázquez Pita, houbo un pequeno coloquio interxeracional onde cinco mulleres de Vilasantar de distintas xeracións compartiron as súas experiencias de vida en relación coa igualdade e a desigualdade de xénero. Puidose comprobar ao remate do acto como reflexión que algo de avance social houbo en canto as liberdades da muller, pero que queda moitísimo traballo por facer, que é unha tarefa e labor de todos e todas, de homes e de mulleres: unha loita de persoas. A maiores o Concello de Vilasantar, por medio do seu Alcalde, manifestou o seu compromiso a non reducir recursos, servizos ou presupostos para combatir a violencia machista e apoiar ás victimas.
Pode visualizar as fotos da xornada na galería fotográfica.
Novas
OBJETIVO CAMINO
Se eres fotógrafo/a en formación e che gusta o Camiño de Santiago, podes participar en #ObjetivoCamino, a mostra fotográfica artístico-patrimonial xeolocalizada organizada polo #ConsejoJacobeo.
Búscase ofrecer un enfoque máis amplo sobre a experiencia xacobea, na súa vertente máis humana e paisaxística, das rutas declaradas #PatrimonioMundial.
Animámoste a que retrates o noso Concello e o compartas con nós en turismo@vilasantar.com
Data límite de envío: 30 de xuño do 2018, ás 23:59 horas.
Podes consultalas bases do concurso en http://objetivocamino.es/informacion/
Novas
CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON
Este sábado día 5 os nenos e nenas da Escola de Bádminton que se clasificaron na fase Intercormarcal, celebrada o día 21 de Abril, participarán no Campionato Provincial de Bádminton que terá lugar en Monfero de 10:30h a 18:00h.
Noraboa!! polos resultados acadados, un primeiro posto en benxamín feminino, tres segundos postos nas categorias benxamín feminio e masculino e na categoria infantil masculino e un terceiro e cuarto posto en aleveín femino.
En O Concello, Galerias Fotográficas podedes ver as fotos da Fase Intercomarcal
Novas
CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS DISTANCIAS DE PLANTACIÓNS (LEI DE MONTES)
MARTES, día 8 de maio de 2018, ás 13:00 horas, no local social de Vilasantar. Para as parroquias de Armental, Barbeito, Mezonzo e Vilasantar.
XOVES, día 10 de maio de 2018, ás 13:00 horas, no local social de Présaras (antiga Cámara Agraria). Para as parroquias de Présaras, San Vicente e Vilariño.
Novas
FESTA DOS MAIORES 2018
SÁBADO 2 DE XUÑO DE 2018
Ás 13:00 horas: Misa na Igrexa Parroquial de Vilasantar
Ás 14:00 horas: Xantar (na carpa situada detrás do Concello)
O xantar é gratuíto para as persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Vilasantar. Deberase confirmarse asistencia antes do 25 de maio de 2018 chamando ao teléfono 981 77 82 57.
Como nos anos anteriores haberá autobús de recollida polas parroquias (Previa anotación).
Festa amenizada por un dúo musical.
Novas
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS DA XUNTA 2018
NORMATIVA: Orde do 10 de abril de 2018 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 74 do 17/04/2018)
OBXECTO: Convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
-Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
-Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia
-Valerse por sí mesmo para as actividades da vida diaria.
-Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
DURACIÓN DAS QUENDAS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprederán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de maio e o de outubro de 2018.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:
Prazo de presentación de solicitudes:
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de maio e xuño, ambos inclusive: 20 días
hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da orde que regula o programa no
Diario Oficial de Galicia (día 15 de maio)
– Para as quendas que se leven a cabo nos meses de xullo a outubro: ata o 31 de maio do
2018.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.
Novas
A ESCOLA DE PATINAXE PARTICIPOU NA IV GALA DE PATINAXE DO CONCELLO DE TOQUES
O pasado sábado 14 a Escola de Patinaxe do Concello de Vilasantar participou na IV Gala de Patinaxe do Concello de Toques, na modalidade de bailes.
Novas
REUNIÓN INFORMATIVA: POSTURA DO CONCELLO ANTE O PROXECTO PARQUE EOLICO LAVANDEIRA SITUADO NA PARROQUIA DE SAN VICENTE
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE SAN VICENTE
DÍA: MARTES 17 DE ABRIL
HORA: 13 HORAS



