actividades municipais
TALLER DE AUTOESTIMAE COIDADO PERSOAL
- Sesión sobre o coidado da pel: 7 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
- Sesión sobre automaquillaxe: 14 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
- Sesión sobre a rutina de coidados: 21 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
Para participar é preciso inscribirse chamando ao 981 778 257.
actividades municipais
Actividades municipais Vilasantar 2025-2026
Xa está dispoñible a información sobre as actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2025/2026. No botón de abaixo podes descargar o díptico con toda a información e a folla de inscrición para as actividades para a infancia e xuventude.
eventos
I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo
O GDR Ulla, Tambre, Mandeo organiza o I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo para promover o cicloturismo, unha modalidade respectuosa e sá de achegarse ao patrimonio natural. Cada ruta terá dúas modalidades para adaptarse ao nivel das persoas participantes. A saída será ás 9:30 h os dous días e a entrega de dorsais comezará ás 8:15 h nos puntos de inicio.
O 13 de setembro: saída de Boimorto e o percorrido atraveserá Vilasantar e Arzúa.
- A Jraveliña ou ruta curta terá un trazado de 31,48 km e un desnivel de 452 metros.
- O Jravelón ou ruta longa abranguerá 60,22 km e un desnivel de 1.306 metros.
O 27 de setembro: saída de Toques e percorrido por Sobrado dos Monxes.
- A Jraveliña terá un total de 34,3 km e 869 metros de desnivel.
- O Jravelón chegará aos 50,83 km e un desnivel de 1.380 metros.
Novas, sostibilidade
Restrición do uso da auga municipal para consumo humano
A consecuencia da situación climatolóxica, os depósitos municipais de auga non recuperan o nivel ao ritmo desexado e as fontes e ríos van a menos. Por este motivo, vémonos na obriga de restrinxir o uso da auga municipal só para consumo humano, prohibíndose regas, baldeos, limpezas, enchido de piscinas e demais usos prescindibles.
Lembramos á veciñanza que teña recibos pendentes de aboar a obriga de regularizar a situación para seguir contando co servizo. Así mesmo, infórmase que están totalmente prohibidos os enganches e usos sen a alta e previa autorización do concello.
Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
ACTUALIZACIÓN: Recollida de plásticos agrícolas
Por motivos alleos ao Concello de Vilasantar, cámbiase a data da recollida de plásticos agrícolas que estaba prevista para o 11 de setembro. A nova data é o 6 de outubro, polo tanto poden anotarse chamando ao 981 778 169 ata o 1 de outubro.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Novas
Recollida de obxectos voluminosos
O día 31 de xullo de 2025 está prevista a recollida de obxectos voluminosos. Toda a veciñanza que queira tirar algún tipo de residuo voluminoso ten que chamar ao Concello de Vilasantar no 981 778 169 ata o día 29 de xullo.
Lembramos que está prohibido tirar calquera tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando se notificara ao Concello e se conte coa autorización deste.



