Novas
Xa está aberta a preinscrición para o campamento de verán de 3 a 14 anos
Este ano adiantamos o inicio do campamento de verán para os nenos e nenas de 3 a 14 anos para facilitar a conciliación familiar. Terá lugar dende o 26 de xuño ata o 31 de agosto, de 10:00 a 14:00 h (con servizo de madrugadores das 9:00 ás 10:00 h), no CEIP de Présaras.
Preinscrición aberta ata o 22 de xuño.
As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas ampadroados no Concello de Vilasantar. As faltas de asistencia non xustificadas poderán ser causa de baixa no servizo no caso de existir lista de agarda.
Recomendamos que a rapazada leve auga e un aperitivo saudable para tomar a media mañá.
Máis información no 981 77 81 69
Novas
CAMPAMENTO VERÁN. PUBLICADO 06/06/2023
Dende o 26 de xuño ata o 31 de agosto. Nenos e nenas de 3 a14 anos no Colexio Público de Présaras.
Novas, Xestión de residuos
Recollida de residuos voluminosos, 16 de xuño de 2023
O venres 16 de xuño de 2023 está prevista a recollida de residuos voluminosos no Concello de Vilasantar.
Todos aqueles veciños e veciñas que queiran tirar algún tipo de residuo voluminoso teñen que anotarse chamando ao concello de Vilasantar (981 778 169) antes do día 14 de xuño.
Recordamos que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorizacion deste.
Novas
O Partido Popular, liderado por Fernando Pérez, renova Alcaldía en Vilasantar
Os resultados electorais do 28-M ratifican a Fernando Pérez como alcalde de Vilasantar, logrando maioría absoluta con 6 concelleiros fronte aos 3 do BNG. A participación da veciñanza nos comicios alcanzou o 80,09%.
«Moitas grazas aos veciños e veciñas que apoiaron a nosa candidatura co seu voto. Hoxe estreamos nova lexislatura, pero coas mesmas ganas de sempre de seguir a traballar para facer medrar Vilasantar.
As portas da Alcaldía están abertas para todo o mundo. É un pracer e un orgullo ser o alcalde da nosa fermosa vila e contar co respaldo da nosa veciñanza«, declara o alcalde Fernando o día seguinte da xornada electoral.



