Cursos, Novas
Curso gratuíto de agricultura ecolóxica na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar; publicado o 25/06/21
Curso gratuíto de agricultura ecolóxica na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
Duración de xullo a outubro, os venres de 10 a 14h. Para persoas desempregadas.
Dende a Asociación financiarán os custes de desprazamento. Formación enmarcada nun itinerario persoalizado de inclusión. (organiza Asociación A Raíña)
Novas
APERTURA PISCINA MUNICIPAL; publicado o 23/06/21
Dende este venres 25 de xuño e ata o 25 de setembro permanecerá aberta a piscina municipal de vilasantar, situada na Área Recreativa do Roseo, en horario ininterrumpido dende as 13 horas ata as 21 horas.
Será obrigatorio cumprir a normativa covid vixente e as instruccións dos socorristas.
Novas
VISITA DA DIRECTORA XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL AO NOVO PARQUE INFANTIL DO ROSEO; publicado o 16/06/21
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o novo parque infantil situado no entorno da pista multideporte de O Roseo, no concello coruñés de Vilasantar. Deste xeito, nun concello rural con núcleos dispersos como Vilasantar, esta iniciativa na que colaboran a Xunta e o municipio, concentrou varias actividades para os máis pequenos nun mesmo entorno que conta coa piscina municipal, unha pista polideportiva e este novo parque infantil.
No marco da colaboración entre a Administración autonómica e a local en actuacións que redunden no benestar da cidadanía, a Xunta apoiou neste caso a construción do novo parque. As obras supuxeron o acondicionamento do terreo para acoller a infraestrutura, a colocación do pavimento acorde coa contorna, a instalación de varios elementos de xogo –tirolina, estrutura de torres con rocodromo, rede de trepa e tobogán, un columpio mixto e dous balancíns-, ademais da súa sinalización



