Novas
BO NADAL. Publicado 23/12/2020
O concello de Vilasantar con toda a súa corporación municipal felicita a todos/as veciños/as de Vilasantar neste nadal tan distinto aconsellando q se teña moito tino e moito sentido común. BO NADAL
Novas
PAPA NOEL VISITA A GARDERÍA OS PICARIÑOS E O CEIP DE PRÉSARAS. Publicado 22/12/2020
Accede á galería fotográfica para ver todas as fotos da xornada.
Hoxe tivo lugar a visita de Papá Noel á Gardería «Os Picariños» onde os sorprendeu coa súa visita e agasallos. Posteriormente acudiu a visitar os rapaces do CEIP de Présaras , que con motivo da situación Covid e gardando as distancias de seguridade e con tódolos protocolos esixidos, recorreron as rúas de Présaras e cada neno recibiu o seu agasallo e os bos consellos de Papá Noel.
Este ano debido a situación xerada polo Covid os nenos recibiron un recado emitido por Papá Noel: que os Reis Magos debido a pandemia non poderán xuntarse como os outros anos cos nenos do Concello, pero que o día 5, cumprindo coa tradición, visitarán aos nenos do Concello que teñan 10 anos ou menos.
Novas
PRESENTACIÓN DO III OBRADOIRO DE EMPREGO «TERRAS DA MONTAÑA», publicado o 17-12-2020
Sobrado acolleu hoxe a presentación da 3ª edición do taller de emprego «Terras da Montaña». A iniciativa, promovida polos concellos de Sobrado, Curtis e Vilasantar, formará ao longo de nove meses a 20 alumnos/as en materia de xardinería e montes. Ao acto acudiron os alcaldes dos tres concellos, o profesorado e o alumnado do obradoiro. O obradoiro conta con 6 alumnos do concello de Vilasantar e tamén cunha veciña de Vilasantar como Directora.



