Novas
RECOLLIDA DE PLASTICO AGRICOLAS (silos e invernadoiros). Publicado 16/10/2020
NORMAS DE RECOLLIDA:
– Ata o día 28 de outubro anotaranse os avisos para a recollida dos plásticos agrícolas, chamando ao Concello para anotarse (981 778 169).
– O día 2 de novembro a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
– Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rechazada a recollida.
– Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
Ante calquera dúbida poden chamar ao Concello (981 778 169).
Novas
CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2020; publicado o 02-10-20
A Consellería de Sanidade informa que o 13 de outubro dará comezo a campaña de vacinación da gripe deste ano 2020, e que se prolongará ata o 31 de decembro, co obxectivo de mellorar a saúde dos galegos, reducindo a incidencia da gripe e a súa diminución das súas complicacións secundarias. Esta campaña cobra especial relevancia este ano no contexto da pandemia pola COVID-19 que estamos a padecer. Informamos tamén que a Consellería de Sanidade ten un portal de información para a sociedade: https://gripe.sergas.gal/
Novas
SERVIZO DE TRANSPORTE VILASANTAR-CURTIS; publicado o 23-09-2020
O novo plan de transporte de Galicia establece unha nova liña XG846 Vilasantar-Curtis, a cal ainda non é definitiva e pode sufrir cambios. A día de hoxe está a funcionar do seguinte xeito:



