Autoemprego, Axudas a Contratacion, AXUDAS Á EMPRESAS
PEL PEMES 2023. Publicado o 9/02/2023.
Aberto prazo para solicitar ata o 10 de Marzo de 2023 ás 14.00 horas.
Axudas a Contratacion, Novas
SUBVENCIÓNS PÚBLICAS DESTINADAS AO FINANCIAMENTO DO PROGRAMA MULLER 22. PUBLICADO O 14/7/2022
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 5/7/2022 ata o 30/09/2022
Axudas a Contratacion, Emprego, Novas
AXUDAS PEL RELEVO. CREACIÓN DE EMPREGO PARA A XUVENTUDE. PUBLICADO O 4/8/2020
Prazo de Solicitude: Dende o 5/8/2020 ata o 31/8/2020
Axudas a Contratacion, Novas
AXUDAS DA DEPUTACION PARA EMPRENDEDORES/AS. Publicado 24/07/2020
- AXUDAS PEL RURINNOVA XUVENTUDE EMPRENDEDORA. PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL FONDO SOCIAL EUROPEO. DEPUTACION DA CORUÑA
A finalidade destas axudas PEL RURINNOVA é o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo, empadroados en concellos da provincia da Coruña
DESTINATARIOS: aquelas persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
As novas iniciativas empresariais han de contar cun modelo de negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable, integrantes do tecido empresarial local, e estar legalmente establecidas nos territorios rurais do ámbito de aplicación destas axudas.
REQUISITOS:
Estas axudas teñen como destinatarias ás persoas mozas menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independientemente do seu nivel formativo que, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sexan promotoras de iniciativas empresariais, que:
a) Se incorporen ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA) xa sexa como persoas físicas ou como persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
b) No caso de alta no RETA como persoa xurídica e sendo ésta (a persoa xurídica) a solicitante da axuda, so poderá incluir na súa solicitude as altas no RETA de persoas mozas socias que cumpran os requisitos especificados neste apartado.
c) No momento da solicitude desta axuda, as persoas teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos (ambos incluídos). Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias da axuda se a solicitan antes de que transcorran 4 meses. No caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe nas actuacións do proxecto, poderá manter a súa participación.
d) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á alta no RETA. As persoas que non foran debidamente inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
e) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios.
f) Establecer o domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
g) Admítese o teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza autónoma resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
h) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
i) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social en relación coa la Lei Xeral de Subvencións.
j) Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa Deputación da Coruña.
k) Presentar o proxecto empresarial e recibir unha valoración favorable por parte da Deputación da Coruña.
Subvencionarase a incorporación ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA) de cada persoa moza, xa sexa como persoa física ou como persoa xurídica, a través da creación dunha nova iniciativa empresarial.
A contía da axuda a recibir pola alta como traballador/a autónomo/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,75 e polo número de meses que o mozo ou moza estando de alta no réxime de autónomos, soliciten e xustifiquen, sendo sempre este período temporal superior a 6 meses.
No caso de persoa xurídica o número máximo de altas a subvencionar será de 3 persoas
Unicamente serán subvencionadas as altas realizadas entre o 1 de abril de 2019 e as iniciadas ata un máximo dun mes, a contar desde a data de publicación da convocatoria destas subvencións no Boletín Oficial da Provincia
PRAZO DE PRESENTACIÓN.
O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RURINNOVA determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones.
As persoas mozas interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL RURINNOVA deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBtel (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos da solicitude do apartado correspondente á convocatoria PEL RURINNOVA
INFORMACION: BOP N.º 111 DO 20-07-2020.
- AXUDAS PEL RELEVO- CREACION DE EMPREGO PARA A XUVENTUDE.
A finalidade destas axudas é apoiar ao tecido empresarial rural na contratación laboral de mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados en concellos da provincia da Coruña
DESTINATARIOS: aquelas empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As empresas e empregadoras han de contar cun modelo de negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable, integrantes do tecido empresarial local, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean legalmente establecidas nos territorios rurais do ámbito de aplicación destas axudas.
REQUISITOS DAS PERSOAS MOZAS CONTRATADAS/A CONTRATAR.
As persoas mozas, destinatarias finais das axudas, contratadas ou a contratar polas entidades beneficiarias das mesmas, deben cumprir, as seguintes condicións:
a) No momento da formalización do contrato obxecto de axuda, teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos (ambos incluídos). Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias de actuacións se inician a súa participación antes de que transcorran 4 meses. No caso de que unha persoa cumpra os 30 años e 4 meses mentres participe no proxecto, poderá manter a súa participación.
b) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á formalización do contrato. As persoas que non foran debidamente inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
c) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios.
d) Os mozos e mozas participantes no poderán figurar como contratados mais dunha vez a non ser que se trate de empresas diferentes.
REQUISITOS DO CONTRATO.
a) Contrato efectuado baixo a modalidade de indefinido a tempo completo.
b) Poderase admitir a modalidade de contrato a distancia ou teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza contratada resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
c) O contrato terá que estar comunicado ao Servizo Público de Emprego de Galicia e formalizado nos modelos estandarizados establecidos.
A contía da axuda por cada novo/a traballador/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,5 e polo número de meses de permanencia na empresa/empregadora que recibe e xustifica a axuda (sempre que sexa superior a 6 meses)
As empresas e/ou persoas empregadoras interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL RELEVO deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBTEL (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos da solicitude a través do apartado correspondente á convocatoria PEL RELEVO
O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RELEVO determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones
INFORMACION: BOP N.º 111 DO 20-07-2020.