Novas
RENOVACIÓN DNIe
Os próximos días 21, 22 e 23 de novembro e os días 5, 7 e 10 de decembro de 2018 o equipo móvil do DNIe desplazarase ao Concello de Curtis para efectuar as renovacións e expedicións oportunas.
A estes efectos, a inscrición debe facerse no Concello de Curtis, chamando ao 981 789 030
Novas
CURSO BÁSICO DE PROTECCIÓN CIVIL
Lugar de realización: local social de Vilasantar
Días: 28, 29, 30 de setembro e 5, 6, 7 de outubro de 2018 (venres tarde, sábado todo o día e domingo mañá)
O prazo para anotarse está aberto, e remata o 31-08-2018. Os interesados deberán cubrir o formulario de matrícula telemática, apartado «formación» en http://agasp.xunta.gal/gl
Destinatarios: todo o público en xeral, maiores de 18 anos (ou de 16 con autorización), interesados na labor de voluntariado. Para ser voluntario de protección civil é obrigatorio contar con este curso. Mínimo de participantes: 20.
Organiza: Academia Galega de Seguridade Pública
Colabora: Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilasantar.
Máis información: 981 778 169 (Trini)
Novas
XORNADAS DEPORTES DE CONTACTO (KICKBOXING, BOXEO, DEFENSA PERSONAL)
A PARTIR DE 12 ANOS EN HORARIO DE MAÑÁ. MARTES E XOVES DO 13 AO 31 DE AGOSTO
ANOTARSE ANTES DO 9 DE AGOSTO NO CONCELLO DE VILASANTAR
Novas
AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021
Obxecto
Concesión (VI432A) e a renovación (VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas:
-
Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
-
Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Prazo de presentación
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 30 de xullo de 2018.
Requisitos:
A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España.
-
Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. Para estes efectos, as persoas integrantes da unidade de convivencia deben constar empadroadas na vivenda obxecto do contrato de alugamento na data da presentación da solicitude ou, tratándose de axudas da liña B, no momento da presentación do contrato, para o caso de que este non se achegase coa solicitude.
-
Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere os importes establecidos no artigo 6.
-
Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade:
-
Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
-
Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %
-
-
Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicadores previstos no artigo 8.4.
-
Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
-
Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia non estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da unidade de convivencia.
PARA MÁIS INFORMACIÓN ACUDAN AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE VILASANTAR
Novas
APERTURA DA PISCINA (VERÁN 2018)
A partir do 1 de xullo abre a piscina municipal tódolos días en horario de 13:00 a 21:00 sempre que o tempo o permita.
Bo verán!!
Novas
EXCURSIÓN A RIBADEO-FOZ
O día 19 de xullo
Esta xornada de lecer vai dirixida a todas as persoas maiores de 60 anos empadroadas no concello de Vilasantar. O programa do día será o seguinte:
-
Saída as oito e media da maña (recollida polas parroquias)
-
Visita o Parque Etnográfico da Finca Galea.
-
Parada e visita en Ribadeo
-
Comida en Casa Foguete (Prezo 12 €)
-
Visita a basílica de San Martiño de Foz
-
Parada na vila de Foz
O prazo para anotarse esta aberto
Anotarse no teléfono: 981 77 82 57
NON se anotará a partir do día 13 de xullo
Novas
O GDR Ulla Tambre Mandeo FOMENTA A EDUCACIÓN AMBIENTAL
Onte, 20 de xuño de 2018, o Alcalde de Vilasantar, don Fernando Pérez, como representante da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo fixo entrega os nenos e nenas do Colexio de Présaras do Puzle da Flora e da Fauna do territorio, deseñado e materializado pola asociación.
A iniciativa ten por obxectivo que os máis pequenos do municipio se familiaricen, a través do xogo educativo, coas principais especies da flora e da fauna das comarcas de Arzúa e Melide e do propio concello de Vilasantar.
Como destacou don Fernando Pérez, o GDR busca a través desta acción divulgativa que os nenos e nenas sexan conscientes da riqueza natural do seu entorno máis inmediato, así como da necesidade de protexelo e conservalo, en especial, no referente a aquelas especies que se encontran en peligro de extinción.
Representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo seguirán durante o resto desta semana repartindo o resto de puzles divulgativos entre os distintos concellos, de forma que durante este verán a poboación infantil do territorio poida disfrutalo nos seus fogares.



