Novas
RECOLLIDA DE RSU
O día 21 de xuño de 2018 está prevista a recollida dos residuos voluminosos.
Todos aqueles veciños que queiran tirar algún tipo de residuo voluminoso teñen que chamar ao concello de Vilasantar (981 778 169) e anotarse para llos vaian recoller, antes do día 19 de xuño.
Recordamos, que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e con autorización deste.
Está prevista outra recollida a finais do verán (sempre e cando haxa unha cantidade determinada)
Novas
CAMPAMENTO VERÁN: VILASANTAR OLÍMPICO
CAMPAMENTO URBANO
DENDE O 1 AO 31 DE AGOSTO
NO LOCAL SOCIAL DE VILASANTAR
EN HORARIO DE 10:00 A 14:00
PARA TODOS OS NEN@S DE 4 A 12 ANOS
PARA PARTICIPAR TERÁN QUE ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN NO CONCELLO ANTES DO 27 DE XULLO (Imprescindible un grupo mínimo de dez).
Novas
BASES QUE REXIRÁN A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO / OPOSICIÓN, DE UN XEFE DE BRIGADA, UN PEÓN CONDUCTOR E 3 PEÓNS DE INCENDIOS COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E AS ENTIDADES LOCAIS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020.
Novas
VI CAMPUS DE ALEX BERGANTIÑOS
Coa chegada do verán volta a sexta edición do Campus de Fútbol Alex Bergantiños, dirixido a nenas e nenos nados entre o 2004 e o 2011.
As mañás do Campus estarán cheas de actividades, Educafútbol, Mente Activa, Orientación, Gymkanas de Auga, Palabras e Vocabulario, Cálculo Ánimado, Peregrinamos Polo Camiño do Norte acompañadas dun Aperitivo a media mañá.
Para a Inscrición do Campus poden descargar o díptico e entregalo nas oficinas municipais ou dirixirse o seguinte enderezo de correo electrónico deportes@vilasantar.com ata o 28 de Xuño.
Novas
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO – OPOSICIÓN, DUN/HA SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILASANTAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Novas
CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN URXENTE, POLO SISTEMA DE CONCURSO – OPOSICIÓN, DE CATRO PEÓNS PARA UNHA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL (5 HORAS DÍA) AO ABEIRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Novas
SUMATE DOA SANGUE: UNIDADE MÓBIL DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE (PRÉSARAS)
MARTES, 5 XUÑO
10:00 ás 14:00 horas
Novas
Programa de Turismo Social para maiores do IMSERSO 2018-2019
Solicitantes:
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
-
Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
-
Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
-
Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
-
Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.
-
Deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Prazo de presentación:
Desde o día 16 de maio de 2018 ata o 26 de febrero de 2019 distribuidos nas seguintes fases:
-
Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeros días de comercialización do programa.
-
Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.
Modalidades:
-
Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
-
Zona Costeira Insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
-
Turismo de Interior, coas seguintes actividades: con estancias desde 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:
-
Circuitos Culturais.
-
Turismo de Natureza.
-
Viaxes a Capitais de Provincia.
-
Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.
-



