Novas
OBRADOIRO DE EMPREGO
O Concello de Vilasantar, xunto cos Concellos de Curtis e Sobrado vai levar a cabo un OBRADOIRO DE EMPREGO (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos) financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que vai comezar próximamente.
Para poder inscribirse neste Obradoiro de Emprego é imprescindible e moi urxente anotarse como/a desempregado/a na Oficina de Emprego (INEM) de Melide (último día de prazo o 1 de Outubro de 2018) especificando en dita oficina que é para o Obradoiro de Emprego denominado « Terras da Montaña II».
A especialidade que se vai impartir é:
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (20 alumn@s).
Novas
CONCERTO DA BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
O vindeiro día 22 de setembro, ás 21:00 horas, terá lugar a actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo no Colexio de Présaras. Aberto para todos os públicos.
(Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña). Concello de Vilasantar
Novas
PROBAS PARA O CELGA 2 e CELGA 4″
No Diario Oficial de Galicia do día 14-09-2018, nº 176, publícase a Resolución pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados do lingua galega, niveis Celga 2 e Celga 4, para o ano 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Novas
PECHE PISCINA
A PISCINA MUNICIPAL PECHARÁ O DÍA 23 DE SETEMBRO, DOMINGO.
O HORARIO DA SEMANA DO 17 (LUNS) AO 23 (DOMINGO) SERÁ DE 16:00 A 20:00 HORAS
Novas
Actividades deportivas, sociais e culturais para o período 2018-19
Actividades deportivas, sociais e culturais para o período 2018-19, destacando un ano máis o servizo de MADRUGADORES NO COLEXIO PÚBLICO DE PRÉSARAS DENDE AS 8 da mañá. As actividades darán comezo o luns 1 de outubro e o periodo de inscrición será durante todo o mes de setembro. Destácase a adaptación das actividades para o horario escolar do cole de Présaras.
Novas
Axudas de eficiencia enerxética e conservación, seguridade e accesibilidade do Plan Estatal 2018-2021
As actuacións deberán ser realizadas en vivendas unifamiliares, en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva e nas vivendas situadas nestes edificios, sempre que estivesen finalizados antes do 1 de xaneiro de 1996 e constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias ou, de ser o caso, das persoas arrendatarias, no momento de solicitar a axuda deste programa.







