Novas
XORNADA DE ESPAZO SONOROS – Patrimonio, Música, Turismo
O pasado sábado, 2 de setembro, celebrouse en Vilasantar a inauguración do décimo aniversario do festival Espazos Sonoros.
Comezou a xornada ás 11 da mañá cun percorrido pola “ruta dos muiños”; durante tres horas camiñouse pola veira do río Gándaras, pasando a carón da central eléctrica, de varios muiños antigos (de pezas e de maquía) e do Batán de Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, xunto ca fervenza, un complexo etnográfico dunha gran beleza paisaxística e natural.
Logo de xantar, visitouse a granxa ecolóxica “Millo e Landras” onde se celebrou un obradoiro para a elaboración de queixo do país artesán.
Por último, as 20 horas, na igrexa de Santa de María de Mezonzo, foi o concerto inaugural da man de tres virtuosas personalidades: Marco e Angela Ambrosini e Eva-María Rushe. O repertorio foi unha magnífica mostra de toda a variedade de elementos e concepcións relativas ao barroco, con formas musicais propias dos séculos XVI e XVII.
Na xornada participaron cerca de 80 persoas e 100 para o concerto.
Poden acceder as fotos da xornada na galería fotográfica.
Novas
ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2017-2018
Como cada ano, co comezo do outono, inícianse as actividades municipais. Poden descargar o díptico e o cartel a continución, e para maior información acudir ou chamar ao Concello (981 778 169).
Novas
FOTOS CAMPAMENTO VERÁN (AGOSTO 2017)
Xa poden visitar na galería fotográfica as fotos das xornadas do pasado mes de agosto durante o campamento. Recordar que o Concello tamén organizou actividades nos pasados nadal, entroido e semana santa, xunto con este campamento de agosto para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas do Concello.
Novas
AXUDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
O prazo para presentar as solicitudes é do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2017.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentaranse no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).
Novas
Dalle luz á túa Factura
O mércores 4 de outubro no local social de Vilasantar, haberá unha charla informativa para entender mellor a factura da electricidade. Terá unha duración dunha hora aproximadamente. Non é necesario anotarse.
Novas
2ª RUTA CABALAR San Pedro de Mezonzo
O domingo 10 de setembro
Saída ás 9:00 no Priorato ,Mezonzo. Sobre das 11:00 conteremos de estar en Santaia, para logo sobre das 12:30 tomar unhos pinchos en San vicente e ás 13:00 sair de novo cara o Priorato, indo polas pistas da concentración parcelaria de San Vicente e Armental. As 15 horas haberá xantar no Salón parroquial do Priorato. O custo será de 20€
Anotarse ata mércores día 6 de setembro nos teléfonos: (637 56 92 45)-(667 04 10 82)-(686 50 51 91)
Novas
RECOLLIDA DE RSU
O día MARTES 8 DE AGOSTO de 2017 está prevista a recollida dos resíduos voluminosos.
Todos aqueles veciños que queiran tirar algún tipo de residuo encadrado no tramo de voluminoso teñen que chamar ao concello de Vilasantar, 981 778 169, e anotarse para que llos vaian recoller.
Recordamos, que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorización deste.
Novas
FESTIVAL ESPAZOS SONOROS
O conxunto de actividades e concertos que cada ano nos propón Espazos Sonoros convídanos a vivir a riqueza patrimonial espallada polo conxunto do territorio galego, a través dos sentidos e acompañados da fascinación que a música nos provoca.
Descarga o cartelo o catálogo de información dos diferentes lugares de Galicia
Xornada en Vilasantar: Ruta dos Muíños do río
Gándaras e obradoiros de agricultura ecolóxica
A xornada comezará pola mañá cun percorrido cir-
cular pola Ruta dos Muíños. A ruta comeza na ponte
do Sapo, á que chegaremos a pé, logo de vir cami-
ñando desde a igrexa de Santa María de Mezon-
zo. Desde aí seguiremos o curso do río Cabalar, un
afluente do Tambre, e pasaremos a carón do muíño
da ponte do Sapo, do que aínda se conserva unha
casa vivenda e un serradoiro que era unha fábrica
de paus para os zocos. Continuaremos polo camiño
ata o punto onde conflúen as augas do río Cabalar
coas do Tambre, pegados á canle que conduce ata
unha minicentral eléctrica. O camiño continúa por
unha senda á marxe dereita do río Gándaras ata o
muíño das Cernadas, pasa a carón dunha fervenza
cun envolvente murmurio de augas e desvíase ata
outro dos puntos emblemáticos da ruta, o batán de
Mezonzo, actualmente restaurado e que forma, coa
fervenza e co muíño, un complexo etnográfico dunha
beleza paisaxística e natural inigualable.
Pola tarde, logo do xantar, visitaremos a granxa
ecolóxica Millo e Landras para participarmos da ex-
periencia da elaboración de queixo do país artesán.
Programa da xornada
Mañá: saída ás 11 h da igrexa de Santa María de
Mezonzo e percorrido pola Ruta dos Muíños do río
Gándaras.
Ás 14 h, volta á igrexa de Mezonzo e xantar conxun-
to (prezo 12 euros) no campo da feira, con produtos
da horta e da granxa ecolóxica Millo e Landras.
Tarde: ás 16 h, obradoiro para a elaboración de
queixo artesán e visita ás instalacións da granxa Mi-
llo e Landras, con explicacións sobre os rudimentos
da agricultura ecolóxica.
Ás 20 h, concerto na igrexa de Santa María de Me-
zonzo.
Hora e lugar de encontro: 11 h, na igrexa de Santa
María de Mezonzo
Duración: 2 horas e media aprox.
Distancia: 12 km
Dificultade: media (a maior parte do camiño vai pe-
gado ao río)
Capacidade máxima: 50 persoas
Inscrición: do 19 ao 30 de agosto, en
actividades@espazossonoros.org
Prezo do xantar: 12 euros, inclúe tamén os produ-
tos necesarios para a elaboración do queixo
Non esquezas:
_Calzado cómodo para camiñar
_Unha gorra para o sol
_Un impermeable por se chove
_Auga, chocolate e unha mazá para o camiño



