Novas, sostibilidade, Xestión de residuos
ACTUALIZACIÓN: Recollida de plásticos agrícolas
Por motivos alleos ao Concello de Vilasantar, cámbiase a data da recollida de plásticos agrícolas que estaba prevista para o 11 de setembro. A nova data é o 6 de outubro, polo tanto poden anotarse chamando ao 981 778 169 ata o 1 de outubro.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de pvc, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. De non ser así, poderá ser rexeitada a recollida.
Os fardos deben de estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.



