Novas
Prevención das condutas aditivas na infancia e adolescencia
A asociación sen ánimo de lucro Arraianas impartirá unha charla en Vilasantar sobre a prevención das condutas aditivas na infancia e adolescencia. É o inicio do programa «Máis ca un teito» de prevención universal no ámbito familiar que comezará a impartir Arraianas no noso concello.
Se na túa familia hai algún neno ou nena en idade escolar e queres aprender sobre prevención das condutas aditivas, anótate chamando ao 981 77 82 57.
- Martes, 24 de outubro
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar
Cultura, Novas
«A ollada de Gustav» póusase en Vilasantar!
«A ollada de Gustav» é un proxecto multidisciplinar que conxuga pasado e presente; unha acción transversal facilitadora para que as poboacións pequenas poidan desfrutar de actividades que as poñan en valor. Unha xeración de sinerxias que aglutinan diferentes creadores , divulgadoras e artistas que exploran o seu amor por Galicia en todos os seus actos.
Exposición «Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen»
Comisariada polo Museo do Pobo Galego
- Do 22 de xaneiro ao 22 de febreiro na casa do Concello.
- Inauguración o domingo 22 de xaneiro ás 11:00 h.
Charla divulgativa «Etnomedicina e tradicións populares»
Charla e vieiro polos espazos do concello guiado por María das Herbas, María Moure.
- Domingo 22 de xaneiro ás 11:30 h.
Que é «A ollada de Gustav»?
Gustav Henningsen visitou Galicia en 1965 enviado por Julio Caro Baroja para facer un estudo etnográfico sobre as crenzas encol da bruxaría no noso país. Durante os seguintes vinte meses, este investigador desenvolveu un intenso traballo de campo por todo o país e no occidente de Asturias, deténdose de xeito especial nas terras de Ordes.
A recollida fotográfica e gravacións do antropólogo danés nos anos sesenta é unha das máis reveladoras intervencións feitas sobre o noso acervo cultural .