Cultura
Convocatoria certames culturais
XVIII certame de Arte Isaac Díaz Pardo
Bases publicadas no BOP do 16-02-2023.
Poderán participar todas as persoas nadas ou residentes en Galicia, que traballen no campo da arte, que non fosen premiadas neste certame nos cinco anos anteriores e que presenten unha obra non premiada en ningún outro premio ou certame.
A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
Establecese un premio único dotado con 6.500 € e ademais adquirirase obra por un importe máximo de 25.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de abril de 2023
XVII premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil
Bases publicadas no BOP do 16-02-2023.
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a este e que presenten narracións en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil.
As obras enviaranse, a portes pagados, á Deputación da Coruña (Avda. Porto da Coruña,
2, 15003 A Coruña) indicando no sobre XVII premio Raiña Lupa, de literatura infantil e xuvenil.
Establécese un premio dotado con 6.500 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2023.
XVIII Premio Castelao de Banda Deseñada
Bases publicadas no BOP do 16-02-2023
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas con este premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten narracións en banda deseñada escritas en lingua galega.
As obras enviaránse, a portes pagados, á Deputación da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña) indicando no sobre XVIII Premio Castelao de Banda Deseñada.
Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2023.
XVII Premio Luis Ksado de creación fotográfica
Bases publicadas no BOP 20-02-2023
Poderán participar todas as persoas maiores de idade, interesadas no campo da fotografía, que non fosen premiadas con este premio nos cinco anos anteriores e que presenten obras non premiadas en ningún outro premio ou certame.
As obras enviaranse, a portes pagados, á Deputación da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña) indicando no sobre XVII Premio Luis Ksado de creación fotográfica.
Establécese un premio único dotado con 6.500 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 31 de maio de 2023.
XXI premio Rafael Dieste de textos teatrais
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non fosen premiadas nos cinco anos anteriores a éste, e que presenten obras de teatro escritas en lingua galega, inéditas e non premiadas en ningún outro premio ou certame.
As obras enviaránse, a portes pagados, á Deputación da Coruña (Avda. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña) indicando no sobre XXI Premio “Rafael Dieste” de Textos Teatrais.
Establécese un premio dotado con 6.500 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de abril de 2023.
XIV edición do premio Rosalía de Castro de lingua 2023
Bases publicadas no BOP do 28-02-2023
Poderán participar todas as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan ou se relacionen coa promoción da lingua galega.
Establécese tres categorías (á persoa, á entidade, e ao proxecto concreto). Cada categoría está dotada coa cantidade de 5.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril de 2023
XXXV premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá
Bases publicadas no BOP do 8-02-2023
Poderán participar todas as persoas, maiores de idade, que non houbesen sido
premiadas nos 5 anos anteriores a éste e que presenten narracións en lingua castelá.
Establécese un único premio de 15.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o15 de maio de 2023
XIV premio Manuel Murguía de ensaio
Bases publicadas no BOP do 10-02-2023
Poderán participar todas as persoas maiores de idade, que non fosen premiadas nos 5 anos anteriores a este, e que presenten ensaios en lingua galega sobre Galicia, ou relacionados con ela, inéditos e non premiados en ningún outro premio ou certame.
Establécese un único premio dotado con 6.500 €.
Plazo de presentación de solicitudes ata o 1 de abril de 2023.
VII premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero
Bases publicadas no BOP do 10-02-2023
Son beneficiarias calquer persoa, colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa promoción da igualdade de xénero, e no pensamento feminista dende o campo da cultura, ou que destaquen por desenvolver actividades culturais que impliquen o seu avance social dende o traballo artístico e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio galego.
Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 4 de maio de 2023
Axudas, Cultura
Convocatorias para asociacións culturais
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. (FO 203/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
Beneficiarias:
Entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.
Establécense 4 modalidades desta convocatoria:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado no seus estatutos)
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal.
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.500 €; máximo en función da modalidade.
A. Entidades culturais: 30.000 €
B. Entidades de natureza veciñal: 10.000 €
C. Entidades de natureza socioeducativa: 10.000 €
D. Entidades de natureza social e/ou asistencial: 10.000 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Compatibilidades:
As entidades que opten por este programa poderán tamén obter subvención nos seguintes programas:
FO204: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2023.
FO223: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2023.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2023. (FO 204/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse á realización de investimentos necesarios para a realización de actividades culturais non excluídas dentro da convocatoria de actividades culturais FO203/2023, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos). Dentro desta modalidade diferéncianse dous grupos:
– A1: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito local ou comarcal dentro da provincia da Coruña.
– A2: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito supraprovincial.
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…).
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Gastos subvencionables:
- Equipamentos e moblaxe.
- Realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante.
- Compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Importe da convocatoria: 300.000 €
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.500 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable