eventos
Recollida de plásticos agrícolas
O xoves, 9 de abril, a empresa encargada fará a recollida nos lugares anotados.
Podes anotarte ata o venres, 5 de abril, chamando ao 981 778 169.
Os plásticos deberán estar debidamente atados en fardos. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán ter a menor suciedade posible, procedente da terra, herba ou materia orgánica, e evitar conter outras materias impropias (tubaxes de PVC, garrafas, sacos big-bag, rodas…) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso será rexeitada a recollida.
Os fardos deben estar a disposición nun punto de fácil acceso para o camión de recollida.
sostibilidade
«Libera 1m2», axúdanos a acabar coa «basuraleza»
Dende o Concello de Vilasantar sumamonos á campaña «Libera 1m2» de SEO Bird Life e Ecoembes para loitar contra o lixo na nosa natureza e aprender a separar os residuos dun xeito correcto para optimizar a reciclaxe.
Por iso organizamos unha xornada de recollida da chamada «basuraleza» e convidamos a todos os veciños e veciñas de Vilasantar a axudarnos a manter a fermosura da nosa contorna natural.
- Sábado, 2 de decembro
- 10:00 h
- Ponte do Sapo