eventos
Sendeirismo pola ruta dos muíños
Xoves, 22 de agosto.
Saída ás 10:00 h do Batán de Mezonzo. Iremos ata a ponte da Gándara e voltaremos ao batán ás 12:00 h. Recoméndase levar auga e un petisco.
Anotarse chamando ao 981 77 81 69.
Novas
5ª edición da xornada de recolección de cogomelos en Vilasantar
Coas choivas intensas que remollaron o noso concello nas últimas semanas, agardamos con moitas ganas que chegue a tempada de cogomelos! Por iso, un ano máis, organizamos unha xornada de recolección destes deliciosos froitos da terra e posterior degustación dos manxares no Castiñeiro!
O sábado 18 de novembro sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 h e pasearemos pola contorna buscando fungos e cogomelos ata as 13:30 h. Contaremos coa presenza de persoas expertas en identificación, así que é a ocasión perfecta para iniciarte na recolección destes tesouros naturais.
Despois dunha mañá moi activa, desprazarémonos ata o Castiñeiro para degustar os froitos recollidos e máis comida caseira. Non podes faltar!
As prazas son limitadas, así que chama canto antes ao concello para reservar a túa ata o 15 de novembro! 981 77 81 69 O prezo de toda a xornada con comida incluída é de 15€ por persoa.