sostibilidade, Vilasantar enerxía
Reunión explicativa de «Vilasantar Enerxía», a futura comunidade enerxética no concello
O Concello de Vilasantar será pioneiro na produción e consumo de enerxía de xeito comunitario e sostible grazas a «Vilasantar Enerxía». Esta iniciativa, deseñada para proporcionar á veciñanza dunha solución asequible e sostible para as súas necesidades enerxéticas, será presentada e explicada nunha reunión á que convidamos a todos os veciños e veciñas:
- Sábado, 25 de novembro.
- Local Social de Vilasantar
- 12:00 h.
O evento de presentación ofrecerá unha visión xeral de «Vilasantar Enerxía» e destacará como nos poderemos beneficiar desta oportunidade. A comunidade enerxética permitirá xerar e compartir enerxía renovable, o que reducirá significativamente os custos e contribuirá ao coidado do medio ambiente.
Novas, Xestión de residuos
Recollida de residuos voluminosos 26 de xaneiro 2023
O día 26 de xaneiro de 2023 está prevista a recollida de residuos voluminosos no Concello de Vilasantar.
Todos os veciños e veciñas que queiran tirar algún tipo de residuo voluminoso teñen que chamar ao Concello de Vilasantar, 981 78 169, e anotarse antes do día 25 de xaneiro.
Lembramos que está prohibido tirar calquer tipo de residuo ao aire libre, agás neste caso, sempre e cando estean anotados no concello e coa autorización deste.