Axudas, Cultura
Convocatorias para asociacións culturais
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. (FO 203/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
Beneficiarias:
Entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.
Establécense 4 modalidades desta convocatoria:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado no seus estatutos)
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal.
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: mínimo 1.500 €; máximo en función da modalidade.
A. Entidades culturais: 30.000 €
B. Entidades de natureza veciñal: 10.000 €
C. Entidades de natureza socioeducativa: 10.000 €
D. Entidades de natureza social e/ou asistencial: 10.000 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable.
Compatibilidades:
As entidades que opten por este programa poderán tamén obter subvención nos seguintes programas:
FO204: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2023.
FO223: Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña durante o ano 2023.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Axudas da Deputación a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2023. (FO 204/2023)
Bases publicadas no BOP do 20-02-2023
As axudas económicas obxecto deste programa destinaranse á realización de investimentos necesarios para a realización de actividades culturais non excluídas dentro da convocatoria de actividades culturais FO203/2023, por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:
MODALIDADE A: Entidades culturais (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos). Dentro desta modalidade diferéncianse dous grupos:
– A1: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito local ou comarcal dentro da provincia da Coruña.
– A2: As entidades culturais sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade ordinaria no ámbito supraprovincial.
MODALIDADE B: Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…).
MODALIDADE C: Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc).
MODALIDADE D: Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio natural, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).
Gastos subvencionables:
- Equipamentos e moblaxe.
- Realización de reformas, ampliación e mellora de inmobles de titularidade da entidade solicitante.
- Compra de materiais de uso técnico e artístico vinculados ao desenvolvemento da programación das actividades da entidade.
Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2023.
Importe da convocatoria: 300.000 €
Importe do orzamento de gastos: Mínimo 3.000 €
Importe da subvención que se vai conceder: Mínimo 1.500 €
Importe solicitado: Ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionable
Axudas
Axudas a asociacións durante o 2023 (PR487A)
Axudas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de veciñanza, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
OBXECTO:
Os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
BENEFICIARIOS:
As asociacións de veciñanza, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciñanza de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 17 de febreiro de 2023
REQUISITOS:
- As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciñanza, federación, confederación ou unión de asociacións de veciñanza ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
- As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.
- Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
CONTÍA:
A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1, obras) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2, equipamentos).
Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
a. Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
b. Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Publicación: Diario Oficial de Galicia do día 17-01-2023, nº 11
Axudas
Información de axudas a entidades sen ánimo de lucro (asociacións) e clubs deportivos
Axudas a ENTIDADES DEPORTIVAS para infraestruturas e equipamento deportivo durante o ano 2023: FO104/2023
Esta convocatoria pretende apoiar as entidades deportivas sen ánimo de lucro para que poidan mellorar as súas instalacións e dotarse do equipamento necesario para mellorar a súa práctica deportiva.
- Destinatarios: entidades de carácter deportivo sen fins de lucro, inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia da Coruña que cumpran os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.
- Gastos subvencionables:
As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse a realización de investimentos deportivos directamente relacionados coa modalidade coa que figure inscrita no rexistro de entidades deportivas. Únicamente serán obxecto de axuda os gastos por adquisición, rehabilitación ou mellora de instalacións propias da entidade (non alugadas ou cedidas); obra nova; bens inventariables; e equipamentos.
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 €, máximo 50.000 €
- Importe da subvención que se debe conceder: de 1.000 € a 40.000 €
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Prazo de solicitude: ata o día 17-02-2023
- Convocatoria: BOP nº 8, do 12-01-2023
Subvencións a CLUBS DEPORTIVOS con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2023. FO103C/2023
- O obxecto deste programa é financiar exclusivamente os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito nacional ou internacional.
- Beneficiarios: clubs deportivos, sen fins de lucro, legalmente constituídos e con domicilio fiscal na provincia da Coruña, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito nacional ou internacional durante o ano 2023.
- Gastos subvencionables: compras de bens destinados a actividade (só roupa damequipación oficial do equipo que compite no ámbito nacional ou internacional); compras doutros aprovisionamentos; lavandería, seguridade, probas de detección COVID; arrendamento de vehículos, instalacións deportivas ou material deportivo; servizos de profesionais independentes (fisioterapeutas, médicos); transportes; seguros; aloxamento para o desenvolvemento da actividade; soldos e salarios (técnico deportivo, adestrador, preparador físico…); dereitos de arbitraxe; licenzas de federación; inscricións (…)
- Importe do orzamento de gastos: máximo 100.000 €
- Importe solicitado: máximo do 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Prazo de presentación da solicitude: pendente de abrir por extracto da Deputación da Coruña
- Convocatoria: BOP nº 8, do 12-01-2023
Subvencións a CLUBS DEPORTIVOS da provincia, sen ánimo de lucro, con equipos ou deportistas que participen en competición federada de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2023. FO103B/2023
- O obxecto deste programa é financiar os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico.
- Beneficiarios: Clubs deportivos da provincia que conten con algún equipo ou deportista (no caso de deportes individuais) que participen en competicións oficiais federadas de ámbito local, provincial ou autonómico durante o ano 2023.
- Gastos subvencionables: compras de bens destinados a actividade (só roupa da equipación oficial); compras doutros aprovisionamentos; arrendamento de vehículos, instalacións deportivas ou material deportivo; transportes; seguros; aloxamentos para o desenvolvemento da actividade; soldos, salarios e seguridade social (técnico deportivo, adestrador, fisioterapeuta, preparador físico..); dereitos de arbitraxe: licenzas federación; inscricións
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 45.000 €
- Importe da subvención que se debe conceder: de 1.000 € a 36.000 €
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Prazo de presentación da solicitude: pendente de abrir por extracto da Deputación da Coruña
- Convocatoria: BOP nº 8, do 12-01-2023
Subvencións a ENTIDADES da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2023. FO103A/2023.
- O obxecto específico deste programa concrétase en tres modalidades ou liñas, de xeito simultáneo ou alternativo:
1. A realización de actividades conducentes á mellora da condición física, a ocupación activa do tempo de lecer, o deporte de carácter afeccionado ou popular e a participación en competicións deportivas que non sexan federadas.
2. A promoción social da práctica e dos valores deportivos que se realice mediante a organización de actividades de formación, difusión e divulgación do deporte e dos valores deportivos. Poderán consistir en charlas, talleres, cursos, organización de simposios e xornadas de debate.
3. A organización de competicións deportivas federadas ou non federadas. - Beneficiarios: entidades da provincia, sen ánimo de lucro, incluídas as federacións deportivas, que realicen actividades de fomento da actividade física e do deporte dentro da provincia. Os clubs deportivos poden solicitar subvención neste programa, pero quedan excluídos os gastos derivados da súa participación en competicións oficiais federadas, para os que poden solicitar subvención nos programas específicos FO103B/2023 e FO103C/2023, que son incompatibles con este programa
- Gastos subvencionables:
- 600 Compras de bens destinados á actividade (material deportivo non inventariable).
- 602 Compras doutros aprovisionamentos. Material COVID (máscaras, xel hidroalcohólico, termómetros).
- 607 Traballos realizados por outras empresas para o desenvolvemento da actividade.
- 621 Arrendamentos e canons (arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou
instalacións). - 623 Servizos profesionais independentes (honorarios de profesionais independentes).
- 624 Transportes (utilización de medios de transporte a cargo da entidade realizados por terceiros para o desenvolvemento da actividade. Non se admite transporte particular)
- 625 Primas seguros (seguros deportivos e outros relacionados coa actividade deportiva)
- 627 Publicidade e propaganda
- 640 Soldos e salarios (persoal deportivo)
- 642 Seguridade Social a cargo da entidade (persoal deportivo)
- 651 Axudas non monetarias (trofeos, medallas)
- 652 Dereitos da arbitraxe
- 656 Gastos de participación en competición deportiva non federada ( inscricións)
- Importe do orzamento de gastos: mínimo 5.000 € e máximo 37.500 €
- Importe da subvención que se debe conceder: de 1.000 € a 30.000 €
- Importe solicitado: do 20% ao 80% do orzamento de gastos subvencionable
- Prazo de presentación da solicitude: ata o 17-02-2023
- Convocatoria: BOP nº 8, do 12-01-2023
Máis información no Boletin Oficial da Provincia da Coruña do día 12-01-2023 e no Concello de Vilasantar (técnica de cultura).