conciliación
X Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o X Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 25 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2010 e 2015, ambos anos incluídos.
- Todo o mes de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa do Roseo
A rapazada realizará actividades como fútbol, xogos e actividades lúdicas, multideporte, orientación, dinámicas de grupo, gymkhanas, sendeirismo e actividades na natureza ou piscina; polo que deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.
conciliación
Aberta a inscrición para o campamento de verán de Vilasantar
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 24 de xuño ao 30 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras. Haberá servizo madrugadores ás 9:00 h.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69
Novas
Xa está aberta a preinscrición para o campamento de verán de 3 a 14 anos
Este ano adiantamos o inicio do campamento de verán para os nenos e nenas de 3 a 14 anos para facilitar a conciliación familiar. Terá lugar dende o 26 de xuño ata o 31 de agosto, de 10:00 a 14:00 h (con servizo de madrugadores das 9:00 ás 10:00 h), no CEIP de Présaras.
Preinscrición aberta ata o 22 de xuño.
As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade aos nenos e nenas ampadroados no Concello de Vilasantar. As faltas de asistencia non xustificadas poderán ser causa de baixa no servizo no caso de existir lista de agarda.
Recomendamos que a rapazada leve auga e un aperitivo saudable para tomar a media mañá.
Máis información no 981 77 81 69
Novas
Campamento deportivo verán 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición para os campamentos deportivos de verán 2023. Unha actividade da Deputación da Coruña para a rapazada de entre 9 e 14 anos de idade. A inscrición pódese realizar ata o 7 de xuño na casa do concello.
O Concello de Vilasantar está na segunda quenda, do 9 ao 14 de xullo. A saída será o domingo pola tarde, entre as 18:00 e as 19:30 h no IES Rosalía Mera (rúa Archer Milton Huntington, 24, A Coruña); e o regreso será o seguinte venres, entre as 16:00 e as 17:00 h.
A cota de inscrición é de 85 €, que se ingresarán unha vez sexa obtida a praza. O prezo inclúe transporte interno, estadía e manutención en residencia, ademais de todo gasto ocasionado nas actividades programadas.
Hai organizado un amplo programa de actividades deportivas e culturais: deportes náuticos, actividadaes ao aire libre, xornada de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas.
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais, ademais de visitas a centros de interese cultural da provincia da Coruña.