Axudas
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias
Convocatoria:
Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
Obxectivos:
Axudas destinadas a acelerar a modernización dos equipamentos e o uso de tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxeticamente.
Entidades beneficiarias:
Titulares/cotitulares de explotación agraria inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou ben ser persoa agricultora moza que se establece cun plan empresarial que inclúe actuacións en materia de mitigación-adaptación ao cambio climático e ao ambiente.
Gastos subvencionables:
a) Máquinas relacionadas coa xestión eficiente de estercos e xurros. A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns non se considera elixible.
b) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de fertilizantes.
c) Máquinas que melloren a aplicación eficiente de produtos fitosanitarios.
d) Maquinaria agrícola que optimice a xestión de recursos:
a. Carro mesturador con análise NIR da ración.
b. Tractor con clasificación enerxética A.
c. Robot.
e) Compoñente de agricultura de precisión para a adaptación de equipamentos na explotación:
a. Kit de adaptación ISOBUS.
b. Sensor NIR.
c. Sistema de adaptación de máquinas para traballo variable.
d. Sistema de autoguiado.
f) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Contía da subvención:
- O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 75% en función da aplicación dos seguintes criterios:
a) 10 % cando os investimentos sexan realizados por unha persoa que cumpra as condicións de persoa agricultora moza.
b) 10 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000.
c) 10 % no caso de investimentos en explotación de agricultura ecolóxica.
d) 5 % no caso de que a persoa titular da explotación sexa muller.
No caso de investimentos en explotación intensiva, a axuda limitarase á porcentaxe de axuda base. - O investimento mínimo elixible establécese en 12.500 euros.
- A contía máxima da axuda establécese en 100.000 euros.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitude: 22/05/2026 – 22/06/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Axudas
AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA A ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS OU UNIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA (PR487A), PARA O ANO 2026
OBXECTO: os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
BENEFICIARIOS: as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Prazo de solicitude ata o 20 de abril de 2026.
REQUISITOS:
1. As entidades deberán estar, en todo caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (central ou provincial), dependentes da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais, segundo o caso.
2. As comunidades de usuarios de augas deberán estar legalmente constituídas e inscritas no libro do Rexistro de Augas do correspondente organismo de bacía como titulares do aproveitamento de augas para o cal solicitan subvención.
3. Non se admitirán as solicitudes das entidades non inscritas na data en que remate o prazo de solicitudes.
CUANTÍA: A axuda económica que se conceda poderá abranguer a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras (liña 1. obras) e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos (liña 2. equipamentos).
Considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
a. Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
b. Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Publicación: Diario Oficial de Galicia do día 18-03-2026, nº 52
actividades municipais
Programa de benestar emocional para maiores de 60 anos
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE
Un espazo semanal de charlas e sesións prácticas pensado para coidar a mente e as emocións. A través de encontros próximos e dinámicos, ofreceremos información, apoio e ferramentas útiles para:
- Mellorar o benestar emocional no día a día.
- Afrontar con serenidade os retos do envellecemento.
- Acompañar mellor ás persoas que nos rodean.
Un programa aberto para compartir, aprender e sentirse mellor.
- Local Social de Présaras
- Dende o 13 de outubro ata o 15 de decembro
- Todos os luns ás 11:00 horas
Inscrición e máis información chamando ao 981 77 82 57.
Axudas
Bono Emancípate ano 2025
CT501B
Entre outros requisitos:
- Contrato de alugamento de vivenda formalizado con posterioridade ao 31 de maio de 2024.
- Escritura pública de compravenda dunha vivenda con posterioridade ao 31 de maio de 2024.
Máis info:
Instituto da Xuventude de Galicia
Edif. administrativo San Lázaro s/n, planta 0
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999025/ 981544840/ 981544926/ 981544866
Email: bonoemancipate.xuventude@xunta.gal
https://xuventude.xunta.es/
DOG nº 18 28 de xaneiro de 2025
Axudas
Subvencións para obras e equipamentos dos locais das asociacións veciñais, comunidades de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia
Xunta de Galicia (PR487A)
Fin prazo presentación solicitudes: 17 de febreiro de 2025
Destinatarios: Asociacións veciñais, comunidades de usuarios de augas, asociacións de mulleres rurais de Galicia.
Obras (máximo axuda 12.000 €):
- Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais: mellora da accesibilidade, melloras no tellado, obras nas fachadas, instalación ou cambio de ventás, paramentos interiores, pavimentos
ou teitos, instalacións de fontanaría, saneamento, electricidade ou calefacción… - Obras de mellora nas traídas de auga comunitarias: para minimizar as perdas de auga, a mellora da xestión e o control da auga, a optimización da eficiencia e o aforro enerxético…
Equipamentos (máximo axuda 5.000 €)
- Equipamentos básico dos locais, mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático, acústico ou audiovisual, outro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
Non subvencionan entre outros: gastos correntes das entidades, material funxible, luz, auga, teléfono, alugamentos de locais e similares, a adquisición de elementos decorativos nin a compra de móbiles.
Máis info:
DOG nº 9 do 15/01/2025
Dirección Xeral de Administración Local
981546579
administracionlocal@xunta.gal




