Axudas a Contratacion, Novas
AXUDAS DA DEPUTACION PARA EMPRENDEDORES/AS. Publicado 24/07/2020
- AXUDAS PEL RURINNOVA XUVENTUDE EMPRENDEDORA. PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL FONDO SOCIAL EUROPEO. DEPUTACION DA CORUÑA
A finalidade destas axudas PEL RURINNOVA é o fomento do autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da mocidade mediante o traballo autónomo, empadroados en concellos da provincia da Coruña
DESTINATARIOS: aquelas persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
As novas iniciativas empresariais han de contar cun modelo de negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable, integrantes do tecido empresarial local, e estar legalmente establecidas nos territorios rurais do ámbito de aplicación destas axudas.
REQUISITOS:
Estas axudas teñen como destinatarias ás persoas mozas menores de 30 anos, incluídas as persoas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independientemente do seu nivel formativo que, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sexan promotoras de iniciativas empresariais, que:
a) Se incorporen ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA) xa sexa como persoas físicas ou como persoas xurídicas dende o 1 de abril de 2019.
b) No caso de alta no RETA como persoa xurídica e sendo ésta (a persoa xurídica) a solicitante da axuda, so poderá incluir na súa solicitude as altas no RETA de persoas mozas socias que cumpran os requisitos especificados neste apartado.
c) No momento da solicitude desta axuda, as persoas teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos (ambos incluídos). Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias da axuda se a solicitan antes de que transcorran 4 meses. No caso de que unha persoa cumpra os 30 anos e 4 meses mentres participe nas actuacións do proxecto, poderá manter a súa participación.
d) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á alta no RETA. As persoas que non foran debidamente inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
e) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios.
f) Establecer o domicilio fiscal e/ou centro de traballo nun concello da provincia da Coruña de menos de 5.000 habitantes ou de entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo.
g) Admítese o teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza autónoma resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
h) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias en relación coa Lei Xeral de Subvencións.
i) Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social en relación coa la Lei Xeral de Subvencións.
j) Estar ao corrente nas súas obrigas tributarias coa Deputación da Coruña.
k) Presentar o proxecto empresarial e recibir unha valoración favorable por parte da Deputación da Coruña.
Subvencionarase a incorporación ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (en adiante RETA) de cada persoa moza, xa sexa como persoa física ou como persoa xurídica, a través da creación dunha nova iniciativa empresarial.
A contía da axuda a recibir pola alta como traballador/a autónomo/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,75 e polo número de meses que o mozo ou moza estando de alta no réxime de autónomos, soliciten e xustifiquen, sendo sempre este período temporal superior a 6 meses.
No caso de persoa xurídica o número máximo de altas a subvencionar será de 3 persoas
Unicamente serán subvencionadas as altas realizadas entre o 1 de abril de 2019 e as iniciadas ata un máximo dun mes, a contar desde a data de publicación da convocatoria destas subvencións no Boletín Oficial da Provincia
PRAZO DE PRESENTACIÓN.
O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RURINNOVA determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones.
As persoas mozas interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL RURINNOVA deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBtel (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos da solicitude do apartado correspondente á convocatoria PEL RURINNOVA
INFORMACION: BOP N.º 111 DO 20-07-2020.
- AXUDAS PEL RELEVO- CREACION DE EMPREGO PARA A XUVENTUDE.
A finalidade destas axudas é apoiar ao tecido empresarial rural na contratación laboral de mozos e mozas en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e empadroados en concellos da provincia da Coruña
DESTINATARIOS: aquelas empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
As empresas e empregadoras han de contar cun modelo de negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable, integrantes do tecido empresarial local, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean legalmente establecidas nos territorios rurais do ámbito de aplicación destas axudas.
REQUISITOS DAS PERSOAS MOZAS CONTRATADAS/A CONTRATAR.
As persoas mozas, destinatarias finais das axudas, contratadas ou a contratar polas entidades beneficiarias das mesmas, deben cumprir, as seguintes condicións:
a) No momento da formalización do contrato obxecto de axuda, teñen que ter unha idade comprendida entre os 16 e os 29 anos (ambos incluídos). Unha vez cumpridos 30 anos, poderán ser destinatarias de actuacións se inician a súa participación antes de que transcorran 4 meses. No caso de que unha persoa cumpra os 30 años e 4 meses mentres participe no proxecto, poderá manter a súa participación.
b) Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de xeito previo á formalización do contrato. As persoas que non foran debidamente inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil antes de cumprir os 30 anos non serían elixibles.
c) Estar empadroadas en calquera localidade dos territorios rurais obxecto desta axuda e residir durante todo o período de vixencia da subvención en algún dos 64 municipios.
d) Os mozos e mozas participantes no poderán figurar como contratados mais dunha vez a non ser que se trate de empresas diferentes.
REQUISITOS DO CONTRATO.
a) Contrato efectuado baixo a modalidade de indefinido a tempo completo.
b) Poderase admitir a modalidade de contrato a distancia ou teletraballo ou a existencia dun centro de traballo itinerante, tendo en conta sempre que a persoa moza contratada resida nun dos concellos incluídos no ámbito do proxecto.
c) O contrato terá que estar comunicado ao Servizo Público de Emprego de Galicia e formalizado nos modelos estandarizados establecidos.
A contía da axuda por cada novo/a traballador/a xove será igual ao resultado de multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do ano vixente por 0,5 e polo número de meses de permanencia na empresa/empregadora que recibe e xustifica a axuda (sempre que sexa superior a 6 meses)
As empresas e/ou persoas empregadoras interesadas en participar na convocatoria de axudas PEL RELEVO deberán comunicar a súa vontade de adhesión á mesma rexistrándose, se non o estiveran, na plataforma telemática SUBTEL (acceso dende a páxina web www.dacoruna.gal) mediante a sinatura electrónica da persoa representante legal e, cumprimentando os campos da solicitude a través do apartado correspondente á convocatoria PEL RELEVO
O prazo de presentación de solicitudes das axudas PEL RELEVO determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no Boletín Oficial da Provincia, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones
INFORMACION: BOP N.º 111 DO 20-07-2020.
Novas
RESULTADO ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 12 XULLO EN VILASANTAR. Publicado 13/07/2020
O resultado das eleccións do 12 de xullo en Vilasantar foi o seguinte. Consulta toda a información no seguinte enlace:
https://www.lavanguardia.com/elecciones/autonomicas-galicia-2020/a-coruna/vilasantar
Novas
PLAN DE RECUPERACIÓN SOCIAL DE GALICIA: AXUDAS PARA FAMILIAS, DEPENDENTES E MENORES. Publicado 15/06/2020.
Plan de recuperación social de Galicia para axudar ás familias máis vulnerables
· Entre as medidas atópase a tarxeta moedeiro, coa que preto de 30.000 familias poderán adquirir produtos de primeira necesidade.
· Tamén se impulsarán menús solidarios para persoas con baixos ingresos e ampliaranse servizos como o Xantar na casa ou o SAF extraordinario.
· Increméntase a partida orzamentaria das Axudas de Inclusión Social e concédense subvencións por 1,5 millóns de euros ás entidades sociais.
O Consello da Xunta deu luz verde ao primeiro bloque do Plan de recuperación social de Galicia posto en marcha para atender ás necesidades das familias máis vulnerables logo da emerxencia sanitaria da covid-19, a través dun primeiro paquete de medidas:
1. Lanzamento dunha tarxeta moedeiro coa que preto de 30.000 familias poderán adquirir produtos de primeira necesidade, tanto de alimentación como de hixiene e farmacia. Diríxese a aquelas familias que carecen de emprego ou ingresos fixos, pero que non accederon aínda ao sistema de axudas públicas. As tarxetas serán recargables e o seu importe total dependerá do número de membros da unidade familiar. Así, as contías oscilarán entre os 450 euros para as persoas que viven soas, 600 para familias de dous membros e 900 para familias de tres ou máis membros.
2. Menú solidario. Esta iniciativa permitirá que 20.000 persoas con ingresos baixos poidan contar con axuda da Xunta para consumir o menú do día en establecementos hostaleiros da comunidade autónoma. Articularanse tamén a través dunha tarxeta moedeiro, que irá precargada con 30 menús, polo que se financiará un total de 600.000 menús solidarios. Os establecementos que se adhiran a esta medida comprometeranse a ofrecer un menú do día a un prezo fixado de 8 euros, dos que a Xunta financiará 5. Esta medida está dirixida ás persoas con ingresos mensuais inferiores ao 60% da mediana de ingresos, pero por riba do necesario para acceder a unha Risga.
3. Extensión do programa Xantar na casa ata as 2.000 persoas en toda Galicia. Esta iniciativa xa contaba cun máis de 1.400 usuarios aos que se adheriron outras 260 persoas maiores que accederon a esta medida durante estas semanas.
4. O SAF extraordinario tamén se estenderá ata o final do 2020. En concreto, poranse á disposición dos concellos 500.000 horas para atender a persoas maiores nos seus domicilios, tanto ás que teñen unha valoración de dependencia como ás que, sen tela, precisan de atención domiciliaria.
5. Vaise incrementar nun 50% a partida orzamentaria destinada ás Axudas de Inclusión Social (AIS), prestacións para financiar gastos de alimentación, roupa, gafas, dentistas ou calquera outra situación de grave emerxencia das familias.
6. Introduciranse melloras na tramitación da Risga, as pensións non contributivas e as AIS. Medidas técnicas encamiñadas a que estas axudas estean coa máxima axilidade á disposición dos seus beneficiarios.
7. Orde especial de axudas para as entidades de iniciativa social: os albergues, as cociñas económicas e comedores sociais,centros de atención continuada, centros de acollida e centros de inclusión.
Bono coidado extraordinario á dependencia
Normativa: Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia BS900B. (DOG nº 114-bis do 12/6/2020) Enlace ao DOG
Obxecto
Concesión de axudas económicas para compensar os seguintes gastos, dende a suspensión da actividade dos centros de día ou ocupacionais aos que acudía a persoa usuaria que comezou o día 16 de marzo de 2020, e ata que se levante a devandita suspensión:
A. Modalidade de contratación dun servizo de axuda no fogar, de gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras, e de compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada. A axuda terá un importe máximo de 500 €/mes. A contratación dun SAF, deberá realizarse cunha entidade inscrita no RUEPSS que teña autorizado un programa de axuda no fogar.
B. Modalidade de contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva. A axuda terá un importe máximo de 100 €/mes. Entre estes servizos están os de rehabilitación funcional, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, estimulación sensorial, atención psicomotriz, atención psicolóxica, atención neuropsicolóxica, atención psiquiátrica, rehabilitación psicosocial ou atención pedagóxica. A entidade prestadora destes servizos deberá estar inscrita no RUEPSS.
As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar una delas ou as dúas.
Persoas beneficiarias
As persoas familiares que subscriban un contrato para a prestación do SAF ou un contrato ou ampliación doutro existente cunha persoa coidadora, ou que soliciten unha excedencia ou redución de xornada para atender ás persoas usuarias de centros de día de maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día ou ocupacionais de persoas con discapacidade, autorizados e inscritos no RUEPSS, cuxa actividade está suspendida como consecuencia da epidemia do coronavirus COVID-19; ou para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas.
Documentación
Solicitude (Anexo I)
Solicitude tramitación en liña ou presencial
a. Copia do contrato de prestación de servizos ou pacto de asistencia asinado coa entidade titular do centro de día ou do centro ocupacional.
b. De ser o caso, contrato asinado coa entidade prestadora do SAF.
c. De ser o caso, contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora.
d. De ser o caso, documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada ou excedencia durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social (Muface, Isfas, Mugeju etc.), certificación en que se acredite a referida situación en papel oficial do organismo que emite o certificado debidamente selado e coa identificación da persoa responsable que certifica.
e. De ser o caso, xustificante da contratación dos servizos de estimulación física e/ou cognitiva. No caso de non terse realizado aínda a contratación, esta documentación deberá de achegarse no prazo de 10 días dende a notificación da resolución ou perderase o dereito á axuda concedida.
f. Declaración de que non incorre en inhabilitación para a concesión de subvencións e axudas, e que a persoa a coidar no domicilio era usuaria do centro de día ou do centro ocupacional con anterioridade á suspensión da súa actividade como consecuencia do COVID-19, segundo se sinala no anexo I.
Lugar de presentación
· As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
· Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 13 de xullo de 2020.
Pagamento e xustificación
O pagamento das axudas realizarase con periodicidade mensual, dentro dos 5 primeiros días de cada mes.
As persoas beneficiarias das axudas percibirán ata o 80 % da cantidade concedida en concepto de pagamento anticipado, con anterioridade á súa xustificación, que se fará efectivo a partir da notificación da concesión. O 20 % restante librarase unha vez xustificados os gastos. A percepción destes pagamentos, en concepto de anticipo, queda exonerada da constitución de garantías.
De conformidade coa natureza das axudas, realizarase un primeiro aboamento correspondente ao período comprendido entre o 16 de marzo de 2020, data na que foi efectiva a suspensión da actividade dos centros de día e dos centros ocupacionais, e a data de resolución das axudas.
Para xustificar as axudas presentarase, no prazo de 10 días a contar dende o levantamento da suspensión da actividade dos centros de día e dos centros ocupacionais, o anexo II xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente do total dos gastos realizados xunto cos xustificantes bancarios ou recibos que acrediten o seu pagamento, segundo o establecido no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Novas
RECORDANDO UN RELATO DO DÍA DO LIBRO. Publicado 03/06/2020
Gracias aos participantes que enviaron as súas narracións na celebración do Día do Libro.
Autoemprego, Novas
AXUDAS PARA A APICULTURA 2020 . Publicado 03/06/2020
O 27 de maio de 2020 publicouse a ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Bases da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200527/AnuncioG0426-200520-0001_gl.pdf
Novas
A AULA CeMIT RETOMA O SEU HORARIO HABITUAL. Publicado 29/05/2020
A partir do luns día 1 de xuño a aula CeMIT permanecerá aberta no seu horario habitual de 15:00 a 19:00 h.
Para acudir é necesario pedir cita previa para non xuntar máis persoas do establecido. Os usuarios habituais xa contactan coa Axente TIC e os novos usuarios en caso de non poder pedir cita previa agardarán o seu turno correspondente unha vez chegados ao edificio.
Contamos con xel hidroalcohol e mascarillas en caso de que alguén acudise sen ela.
Respetemos a distancia de seguridade polo ben de todos.



