Novas
XORNADAS DE TERMALISMO
SAÚDE E CALIDADE DE VIDA
O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das:
“Xornadas de Termalismo” en ATTICA 21 de Villalba
17 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
24 de febreiro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Prazo de anotación: ábrese o 5 de febreiro
Número de prazas: 30 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)
Prezo: 5 €
§ As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.
§ As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.
§ As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.
Novas
CAMBIO UBICACIÓN ITV AGRICOLA EN VILASANTAR
Infórmase que:
Tódolos usuarios anotados para a ITV Agrícola en Vilasantar se lles notificará o cambio de ubicación por sms telefónico, que pasará a ter lugar na explanada diante da Igrexa de Barbeito.
Unidade Móbil 3 de Inspección Técnica de AGRICOLAS
DATA: 31/01/2020
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e 15:15h a 18:00 h
NOVO EMPRAZAMENTO: Explanada diante da Igrexa de Barbeito.
Cursos, Novas
CONVOCATORIA DE CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS CELGA
Dende o Gabinete de Normalización Lingüística da Coruña queremos informalos de que hoxe, mércores 29 de xaneiro de 2020, ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia número 19 a convocatoria dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).
ENLACE PARA TODA A INFORMACIÓN
Os cursos que se ofrecen nesta provincia son:
1 Presenciais
.. A Coruña ………………………….. Celga 2
.. A Coruña ………………………….. Celga 3
.. A Coruña ………………………….. Celga 4
.. Ferrol ………………………………. Celga 4
.. Santiago de Compostela …….. Celga 3
.. Santiago de Compostela …….. Celga 4
2 Teleformación
.. 3 cursos a nivel Galicia ……… Celga 1
.. 1 curso a nivel A Coruña ……. Celga 2
.. 2 cursos a nivel A Coruña ….. Celga 3
.. 3 cursos a nivel A Coruña ….. Celga 4
Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS
Axudas a Asociacións, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Publicación: No Diario Oficial de Galicia do día 30 de decembro de 2019 (TR487A)
Beneficiarias: Asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas, para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou os que teñan dereito de uso.
Axuda: a axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.
Actuacións subvencionables:
– Obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade desenvolve a súa actividade.
– Adquisición de equipamentos dos locais necesarios para o funcionamento ordinario da entidade: mobiliario, equipos de oficina, equipamento informático e audiovisual.
– Obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
A presentación das solicitudes realizarase obligatoriamente por medios electrónicos na sede da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Prazo de solicitude: ata o 30 de xaneiro de 2020
Novas
ITV 2020 VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
Unidade Móbil 3 de Inspección Técnica de AGRICOLAS
DATA: 31/01/2020
HORARIO: de 9:00 h a 13:30 h e 15:15h a 18:00 h
EMPRAZAMENTO: Pista casa do Concello (Vilasantar)
PARA SOLICITAR CITA PREVIA: Tfno: 902 309 000
Novas
FOTOS NADAL 2019-2020
Xa poden visitar na galería fotográfica as seguintes fotos referentes ás xornadas do Nadal
- Reis en Vilasantar 2020.
- Patinaxe sobre xeo.
- 1º Concurso de pesebres Concello de Vilasantar.
Novas
AXUDAS A ASOCIACIÓNS 2019
No Boletín Oficial da Provincia do día 17 de decembro de 2019 publícase o extracto da Convocatoria de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2019.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días dende a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Dende 18 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF.
- Fotocopia do DNI do representate legal
- Declaración responsable de non ter débedas coa Facenda Estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria detallada das actividades que se van realizar e orzamento previsto das mesmas.
- Declaración responsable na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria.
- Certificación responsable de non encontrarse incursa en causa de prohibición de contratar.
Novas
PATINAXE SOBRE XEO
O venres día 3 de Xaneiro imos patinar a pista de Xeo de Área Central.
Saída: 10:20h. diante do Concello e 10:30h. diante do Local Social Présaras
Custe: 8.50€ por participante
*Menores de 8 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta



