Novas
CAMPAÑA DE ESQUÍ 2019_Deputación Provincial da Coruña
O Concello de Vilasantar foi adxudicado con 3 prazas para a campaña de Inverno 2049 na estación invernal de Cabeza de Manzaneda.
As preinscricións serán entregadas no Concello, con data límite o 11/01/2019. As idades dos rapaces /zas participantes serán de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019), e aboarán 85,00 € como cota de participación. Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación.
A quenda que lle corresponde ao seu concello é a 4ª, dende o 15/02/2019 ó 18/02/2019
Toda a información e descarga do cartel da campaña e máis da folla de inscrición no seguinte enlace.
Novas
TERMALISMO IMSERSO 2019
REQUISITOS
a) Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
b) Ser pensionista de viuvedade con 55 anos ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
c) Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
d) Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
a) Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
b) Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
c) Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
d) Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Tamén poderán ser adxucatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal. Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
1.- Para as quendas dos meses de febreiro e agosto, ambos inclusive: ate o día 11 de xaneiro de 2019.
2.- Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 17 de maio de 2019.
Novas
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
DÍA: 30 de xaneiro de 2019
A unidade móbil 3 de inspección técnica de vehículos agrícolas desplazarase ao Concello de Vilasantar.
LUGAR: Pista detrás do Concello (Vilasantar)
HORARIO: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h.
Para solicitar cita previa:
Por teléfono 902 309 000
Novas
DIA DE REIS EN VILASANTAR
Sábado, 5 de xaneiro de 2019
As 16:30 h. chegada dos REIS MAGOS a casa do Concello. Dende alí acompañarémolos ao local social de Vilasantar para que repartan os agasallos.
E despois, actuación musical de PABLO DÍAZ.
Acabaremos a festa co tradicional chocolate con churros.
ORGANIZA: Concello de Vilasantar
COLABORA: Asociación Cear O Castro de Vilasantar
Novas
PRESENTACIÓN ESTUDO SOCIOECONÓMICO DO GDR
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL
26 de DECEMBRO ata o 4 de XANEIRO
Para todos os nenos e nenas de 3 a 12 anos no local social de Vilasantar en horario de 10:00 a 14:00 h.
Imprescindible que o grupo sexa de 10 nenos e nenas como mínimo. Para participar terán que entregar a folla de inscrición no concello ou no colexio antes do 20 de decembro.
Novas
TALLER de RISOTERAPIA
DÍAS: 3 de decembro no local social de Vilasantar ás 12 horas.
10 de decembro no local social de Présaras ás 12 horas.
Información e inscrición en servizos sociais. (981 778 257)
Organiza: Concello de Vilasantar, Concello de Curtis e CIM.
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que, ao ter xa iniciados os traballos para a elaboración do ACORDO de reestruturación, non será posible a tramitación das solicitudes de cambio de titular presentadas a partires do próximo 15 de decembro de 2018.
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA SAN VICENZO DE CURTIS
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña) que, ao ter xa iniciados os traballos para a elaboración do ACORDO de reestruturación, non será posible a tramitación das solicitudes de cambio de titular presentadas a partires do próximo 15 de decembro de 2018.



