Novas
CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2018
A Consellería de Sanidade tamén pon a disposición a páxina web temática gripe de información para a sociedade e profesionais sanitarios, onde pode atoparse toda a información da campaña: https://gripe.sergas.gal/
Novas
BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2018/2019
No boletín oficial da provincia da Coruña do día 17 de outubro de 2018 sae publicado o anuncio das BASES DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A BECAS DE TRANSPORTE ESCOLAR do Concello de Vilasantar para o curso 2018/2019.
REQUISITOS:
- Cursar estudos de bacharelato, formación profesional ou equivalente.
- Non ter transporte gratuíto.
- Estar empadroados no Concello de Vilasantar.
- Estar ao corrente das súas obrigas contributivas co Concello de Vilasantar.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Declaración xurada de atoparse ao corrente nas obrigas e pagos coa Facenda Municipal.
- Certificación de estar matriculado nun centro oficial de bacharelato, FP ou equivalente.
- Certificación de titularidade da conta bancaria.
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais a partir do día seguinte da publicación do anuncio no BOP. Ata o día 19-11-2018.
Novas
EXHIBICIÓN DE DEPORTES DE COMBATE: COMBATLON
KICKBOXING, LOITA OLÍMPICA, ESGRIMA
Sábado 27 de outubro de 2018
De 11:00 a 13:00 da mañá no pabellón municipal de Présaras.
Para tódalas idades, estades todos convidados!!
Organiza o Concello de Vilasantar. Colabora Escuela AYUDE e Asociación Galega de Combatlon.
Novas
AXUDAS ASOCIACIÓNS 2018
Por decreto de alcaldía do día 10-10-2018 ABRESE o prazo para solicitar as subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar para o ano 2018.
O prazo para presentar as solicitudes é do 10 de outubro ao 12 de novembro de 2018.
En cumprimento do disposto no artigo 3 do Regulamento de concesión de subvencións e axudas económicas a entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vilasantar, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 91, do 23 de abril de 2009, as solicitudes formalizaranse no modelo de instancia facilitado polo concello e presentarase no rexistro xeral xunto coa seguinte documentación:
- Fotocopia do CIF (non será necesario en caso de telo presentado no ano anterior).
- Fotocopia do DNI do representante (non será necesario en caso de que coincida co do ano anterior).
- Declaración xurada de non ter débedas coa Facenda estatal, Autonómica ou Local así como coa Seguridade Social.
- Memoria de actividades e orzamento previsto.
- Declaración na que conste a solicitude doutras axudas ou subvencións para financiar ditas actividades.
- Certificación da conta bancaria a nome da entidade peticionaria (non será necesaria no caso de que coincida co do ano anterior).
Novas
FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DO PILAR
O Comandante do Posto da Garda Civil de Curtis e persoal do mesmo saludan e teñen o honor de invitar aos veciños que así o desexen aos actos que, con motivo da Festividade da Nosa Señora do Pilar, Patroa da Garda Civil, se celebrarán o próximo 12 de outubro.
Ás 12:30h Santa Misa na Igrexa Parroquial da Nosa Señora de Lourdes, Curtis
Ás 13:15h Ofrenda aos Caídos e imposición de condecoracións.
Ás 14:00h Ofrecerase un viño español aos asistentes no Salón de Actos do Concello, sito no Campo da Feira desta localidade.
Novas
O BONO SOCIAL ELÉCTRICO PODERÁ SEGUIR SOLICITÁNDOSE A PARTIR DO 8 DE OUTUBRO
O Concello de Vilasantar e a Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), ante información erróneas emitidas polos medios de comunicación masivos, informa aos seus veciños que poderán seguir solicitando o bono social eléctrico a partir do 8 de outubro. Esta data límite unicamente marca o último día no que se poderá renovar o bono social, para aqueles que xa o gozaban. Chegada esta data aqueles que non renovasen a súa bonificación simplemente deixarán de percibir o desconto na súa factura eléctrica durante os días que transcorran ata que tramiten o bono social e lles sexa aceptada a solicitude.
As condicións para solicitar este novo bono social modificáronse polo que moitas unidades familiares que gozaban do antigo, agora non poderán ser beneficiarios. Por exemplo, según datos da CNMC, había 1,8 millóns de persoas que contaban co bono social por ter unha potencia contratada inferior a 3 Kw e que agora van perder ese dereito dado que no bono actual desaparece esa condición e só se lles concede segundo niveis de renda.
Para recibir asesoramento, os interesados poden pasar pola oficina de Servizos Sociais do Concello de Vilasantar. Ademáis, dentro da web de FAEPAC hai un espazo adicado ao bono social en http://faepac.gal/bono_social onde poden atopar toda a información relativa aos procedementos de solicitude. Así mesmo pódese solicitar asesoramento a través do teléfono 981 102 111 ou ben a través do correo electrónico consulta@faepac.gal.
Novas
AVISO: ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE BARBEITO
Comunícase aos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Barbeito-Vilasantar que o xoves 18 de outubro de 2018 as 11:00 h no local social na Escola do Pazo, terá lugar unha reunión informativa e farase entrega dos boletíns actualizados das parcelas de achega.
Novas
RESULTADOS SELECCIÓN PERSOAL AXUDA NO FOGAR
Segundo as bases xerais para a selección de tres auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral temporal do Concello de Vilasantar, publicase a lista de puntuación resultando seleccionados os candidatos/as de maior puntuación da fase concurso-oposición:
| 32803810-Z | 22,25 |
| 78781102-F | 19,5 |
| 76514925-C | 17 |
| 36056975-J | 16,75 |
| 78797592-Y | 15,5 |
| 53309386-D | 15 |
| 32777134-H | 12,9 |
| 79339909-Y | 11,25 |
| 51270793-K | 10,5 |
| 51295088-M | 9 |
| 79315484-F | NON PRESENTADA |
Novas
BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE TRES AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE VILASANTAR
LISTA DEFINITIVA:
76514925-C
79315484-F
32803810-Z
36056975-J
79339909-Y
51295088-M
32777134-H
53309386-D
51270793-K
78781102-F
78797592-Y
Convócase aos candidatos para a realización das probas selectivas o día 25 setembro 2018, as 09:00h no Concello de Vilasantar.
A comisión seleccionadora estará integrada polos seguintes membros:
Presidenta: MªCarmen Carricajo Alavés. Traballadora Social Concello Vilasantar.
Suplente: Esther Vidal Pandelo Traballadora Social Concello Boimorto.
Vogal: Ana Vázquez Garea. Educadora Familiar Concello Vilasantar.
Suplente: Lourdes García Sánchez. Axente emprego Concello Vilasantar.
Vogal: Mercedes Costoya Cortes. Auxiliar Administrativo Concello Vilasantar.
Suplente: Trinidad Veiras Freire. Técnico de Xestión Cultural e Información Xuvenil Concello Vilasantar.
Secretario: Afonso Bieito Lorenzo Penela do Concello de Vilasantar.
Suplente: Isabel Novo López Funcionaria Concello Vilasantar.
Novas
OBRADOIRO DE EMPREGO
O Concello de Vilasantar, xunto cos Concellos de Curtis e Sobrado vai levar a cabo un OBRADOIRO DE EMPREGO (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos) financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e que vai comezar próximamente.
Para poder inscribirse neste Obradoiro de Emprego é imprescindible e moi urxente anotarse como/a desempregado/a na Oficina de Emprego (INEM) de Melide (último día de prazo o 1 de Outubro de 2018) especificando en dita oficina que é para o Obradoiro de Emprego denominado « Terras da Montaña II».
A especialidade que se vai impartir é:
- Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería (20 alumn@s).



