Novas
FESTIVAL NO NADAL NO CEIP DE PRESARAS
O mércores día 20 de decembro no CEIP de Présaras celebrouse o Festival de Nadal. Antes de regresar ás súas casas, os nenos recibiron a visita de Papá Noel que repartiu agasallos para todos e felicitoulles o nadal.
BO NADAL PARA TODOS E TODAS E FELIZ ANINOVO 2018
Novas
FEIRA AGROALIMENTARIA DE GALICIA MANXARES
Celebrouse este fin de semana, 16 e 17 de decembro, en Melide, a feira agroalimentaria de Galicia, «Manxares». Este evento, organizado polo GDR Ulla Tambre Mandeo, pon en valor os productos, tanto da mar coma da terra, para que os visitantes os incorporen ás comidas e ceas do nadal.
O Concello de Vilasantar, pertencente a este GDR, contou ca participación da Asociación «A Raiña», que xestiona actualmente o Centro de Agricultura Ecolóxica do Concello de Vilasantar, máis Bacallaos Boado, empresa asentada no Concello e referente no mundo do Bacallao. Asistiron á inauguración da feira Alcaldes, membros do GDR e a Conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez.
Novas
A AULA CeMIT DE VILASANTAR SEGUE SENDO AULA DE REFERENCIA DURANTE O 2018
Un ano máis a aula CeMIT de Vilasantar volve ser aula de referencia, o que conleva a seguir prestando os servicios que os usuarios necesitan e con posibilidade de amplialos. Seguimos con cursos e resolvendo dúbidas que os usuarios requiren durante todo o ano 2018. FELICES FESTAS A TODOS E PRÓSPERO 2018.
Novas
RECORDATORIO: BONIFICACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES 2018
Poden ser beneficiarios os profesionais en activo do sector 1º(a bonificación poder ser do 95% ou do 50% da cota) e os pensionistas do réxime especial agrario (bonificación do 30%) e que ten que solicitarse obrigatoriamente por escrito:
- Terán dereito aqueles inmobles nos que estean ubicadas construccións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario (cuadras, pendellos, alpendres, arrimos…). Se todas as construccións son para USO agrario-gandeiro, bonifícase ao 95%; se algunha desas construccións teñen USO DISTINTO ao agrario-gandeiro (por exemplo a casa), bonifícanse ao 50%. Se houbera outra ACTIVIDADE ECONÒMICA DISTINTA ao sector primario, NON se bonificaría.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Fotocopia NIF/CIF
- Solicitude de bonificación (do concello).
- Declaración responsable do titular da actividade (do concello).
- Certificado de facenda da situación censual.
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble (recibo IBI)
- Certificado de non existencia de débedas coas administracións públicas e seguridade social.
- Xustificante de recoñecemento de explotación ou licencia de actividade.
- No caso de pensionistas do réxime especial agrario: xustificante da orixe da pensión.
NOTA: A presente ordenanza está pendente do cumprimento do prazo de alegacións (ata o 19 de decembro) e posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Novas
Patinaxe sobre XEO na pista do Centro Comercial Marineda City
Martes 26 de Decembro
-
Saída do autobús as 9.30h. de Présaras e as 9.40h. de Vilasantar
-
Precio por neno/a 4.00€
-
Obligatorio levar guantes e os menores de 8 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta.
Novas
1ª Xornada de BADMINTON
LUGAR: Pavillón de Présaras de 9:30h. a 13:30h
Este sábado día 16 de decembro no Pavillón Polideportivo de Présaras, de 9:30h. a 13:30h, desenvólvese a primeira Xornada da Competición de Bádminton na que participaremos en tódalas categorias.
Novas
BONIFICACIÓN NO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Poden ser beneficiarios os profesionais en activo do sector 1º(a bonificación poder ser do 95% ou do 50% da cota) e os pensionistas do réxime especial agrario (bonificación do 30%) e que ten que solicitarse obrigatoriamente por escrito:
- Terán dereito aqueles inmobles no que estean ubicadas construccións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou forestais pertencentes ao sector primario (cuadras, pendellos, alpendres, arrimos…)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Fotocopia NIF/CIF
- Solicitude de bonificación (do concello).
- Declaración responsable do titular da actividade (do concello).
- Certificado de facenda da situación censual.
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble (recibo IBI)
- Certificado de non existencia de débedas coas administracións públicas e seguridade social.
- Xustificante de recoñecemento de explotación ou licencia de actividade.
- No caso de pensionistas do réxime especial agrario: xustificante da orixe da pensión.
NOTA: A presente ordenanza está pendente do cumprimento do prazo de alegacións (ata o 19 de decembro) e posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Novas
CAMPAMENTO DE NADAL
Actividade organizada polo Concello de Vilasantar durante o mes de decembro de 2017 e xaneiro de 2018, co fin de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar e dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas do Concello.
Destinatarios: nenos e nesnas de 4 a 12 anos (inclusive).
Data: Os días 26, 27, 28, e 29 de decembro de 2017 e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.
Horario: de 10:00 a 14:00 horas
Lugar: local social de Vilasantar.
Mínimo de participantes: 10
Custo: gratuíto para os empadroados en Vilasantar. Non empadroados 50 € por participante. No caso de non empadroados e de ser dous ou máis irmáns o custo será de 25 € participante.
Prazo para anotarse: ata o día 21 de decembro (981 778 169 Trini)
Novas
AXUDAS AO TRANSPORTE ESCOLAR DO CONCELLO DE VILASANTAR
No BOP do día de onte, 22 de novembro, sae publicado o anuncio polo que se regulan as Bases para as axudas a transporte escolar do curso 2017/2018 do Concello de Vilasantar.
O prazo remata o día 22 de decembro de 2017. Descarga o edicto correspondente.
Novas
BONIFICACIÓN IBI e IVTM
Según publicación do BOP nº 210 de 6 de novembro de 2017:
Con data 30 de outubro de 2017 o concello en Pleno acordou aprobar provisionalmente as seguintes modificacións das Ordenanzas fiscais do Concello de Vilasantar.
- Ordenanza nº 1 do IBI. Artigo 4 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
- Ordenanza nº 3 do IVTM. Artigo 5 Bonificacións (Picar para abrir o documento)
O acordo provisional estará exposto ao público durante o prazo de trinta días hábiles, mediante edicto publicado no taboleiro de anuncios do Concello, coa finalidade de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais. De non presentarse reclamacións no citado prazo, o acordo provisional elevarase automáticamente a definitivo.
O expediente administrativo está posto a disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría do Concello de Vilasantar.



