Novas
Piscina municipal Vilasantar 2026
A piscina municipal de Vilsantar abrirá as súas portas o 1 de xullo e permanecerá aberta ata o último día de agosto, en horario de 13 h a 21 h. Coma sempre, o acceso será de balde e haberá que cumprir coa normativa que podedes consultar nas instalacións.
actividades municipais, eventos
Día da bici 2026
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha xornada para gozar do deporte, da natureza e da comunidade co Día da bici.
O 18 de xullo reunirémonos ás 10.30 diante da casa consistorial. Ás 11 h sairemos para realizar un percorrido para toda a familia, de 8 km de distancia aproximada. Por suposto, debemos gardar as normas de seguridade e é obrigatorio levar casco.
A continuación, realizaremos un sorteo de material deportivo entre ciclistas participantes do evento.
Inscríbete ata o día 30 de xuño entregando en dependencias municipais a folla de inscrición que podes descargar no botón de abaixo (tamén estarán dispoñibles nas oficinas do consistorio).
actividades municipais, eventos, Novas
Excursión para maiores de 60 anos
Se tes 60 anos ou máis, xa te podes anotar para a excursión para maiores que organizamos dende o Concello de Vilsantar!
Será o 2 de xullo e os buses farán recollida de pasaxeiros polas parroquias a partir das 8 am. Este ano visitaremos o Concello de Muros e de Muxía, con visitas guiadas, e xantaremos no Concello de Cee. O menú terá un custe de 27,50 euros e pedimos por favor que se leve o importe exacto para facilitar o pago no restaurante.
A maiores, faranse paradas intermedias en lugares de interese.
Anótate ata o 25 de xuño chamando ao 981 77 82 57.



