Axudas, Novas
Solidariedade con Manolo de Tamou
O martes 2 de xuño de 2026, ás 5:30 am, sucedeu unha desgraza nun fogar de Vilasantar. Un incendio en plena noite que reduciu a cinzas a casa de Manolo de Tamou e da súa filla. Por sorte, eles puideron fuxir das lapas e salvar a vida, pero a súa casa e todas as súas pertenzas foron consumidas polo lume.
Dende o Concello de Vilasantar iniciamos un protocolo de emerxencia social e veciños e veciñas están mostrando a súa solidariedade con esta familia, que ademais perderon á súa mascota no terrible incendio.
Agora mesmo só podemos apoialos co noso ánimo e axudas económicas para que poidan recuperar pouco a pouco a normalidade.
Por eso, a maiores do apoio que lle prestamos dende o Concello de Vilasantar, compartimos un número de conta para que a veciñanza que queira mostrar a súa solidariedade con esta familia poida facer unha doazón directa se o considera oportuno.
Nº de conta ABANCA: ES6220800024183040030708
Titular: Manuel Fernández López
Concepto: Donativo solidario
Cada gran de area suma nun momento tan angustioso e, pese a que Manolo cre que hai persoas que poidan precisar máis desta axuda, nós consideramos que sempre estaremos para apoiar a un veciño.
actividades municipais, conciliación
XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o XII Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 19 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2012 e 2017, ambos anos incluídos.
- Xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa O Roseo
A rapazada realizará actividades na natureza, sendeirismo, multideporte, xogos… Deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.
actividades municipais, conciliación
Campamento de verán no CEIP de Présaras 2026
Xa está aberto o prazo de preinscrición para o campamento de verán de Vilasantar. Podes anotar ao teu pequeno ou pequena ata o 19 de xuño.
- Nenos e nenas de 3 a 14 anos. Terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas libres, outorgaranse por orde de inscrición.
- Do 232de xuño ao 29 de agosto.
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 h, no colexio de Présaras.
O campamento de verán é unha actividade gratuíta que o Concello ofrece como apoio á conciliación ás familias na época de verán.
As faltas de asistencia non xustificadas, no caso de haber lista de agarda, poderán ser causa de baixa no servizo.
Máis información no 981 77 81 69
Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade a través do plan Corresponsables.



