Novas
5ª edición da xornada de recolección de cogomelos en Vilasantar
Coas choivas intensas que remollaron o noso concello nas últimas semanas, agardamos con moitas ganas que chegue a tempada de cogomelos! Por iso, un ano máis, organizamos unha xornada de recolección destes deliciosos froitos da terra e posterior degustación dos manxares no Castiñeiro!
O sábado 18 de novembro sairemos da igrexa de Santa María do Mezonzo ás 9:00 h e pasearemos pola contorna buscando fungos e cogomelos ata as 13:30 h. Contaremos coa presenza de persoas expertas en identificación, así que é a ocasión perfecta para iniciarte na recolección destes tesouros naturais.
Despois dunha mañá moi activa, desprazarémonos ata o Castiñeiro para degustar os froitos recollidos e máis comida caseira. Non podes faltar!
As prazas son limitadas, así que chama canto antes ao concello para reservar a túa ata o 15 de novembro! 981 77 81 69 O prezo de toda a xornada con comida incluída é de 15€ por persoa.
Cultura, eventos
«Feminíssimas»: teatro para rematar coa violencia contra as mulleres
En Vilasantar adiantámonos ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa programación de «Feminíssimas», de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
Tres amigas que entenden o feminismo de xeitos distintos atópanse tras anos nun congreso feminista. Este é o punto de partida de «Feminíssimas», unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade.
- Sábado 11 de novembro
- 18:00 h
- Local social de Vilasantar
Novas
CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA. PUBLICADO 11/10/2023
No Concello de Vilasantar seguimos convertendo os nosos residuos en compost! Se queres unirte á iniciativa, aínda estás a tempo. Simplemente cubre o seguinte formulario: https://elcaminosostenible.org/biorresiduos/
INSCRÍBETE XA E REDUCE A TÚA PEGADA ECOLÓXICA
Axudas
Axudas de apoio á natalidade 2023
O prazo de solicitude das axudas de apoio á natalidade para o ano 2023 está aberto. Abrangue doce meses dende o día seguinte ao que se produciu o nacemento, adopción ou acollemento e rematará o 31 de decembro 2023.
Beneficiarios: persoas empadroadas no Concello de Vilasantar que se convirtan en pais ou nais a través do nacemento, adopción ou acollemento dun fillo ou filla sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Cando menos un dos proxenitores deberá estar empadroado e residir no Concello de Vilasantar cunha antelación mínima de seis meses á data do parto ou acto de adopción ou acollemento.
- Os/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as deberán ser inscritos no padrón de habitantes do Concello de Vilasantar.
- Os proxenitores, ou polo menos un deles, deberanse comprometer a permanecer empadroados no Concello de Vilasantar, do mesmo xeito que o seu fillo/a, durante un período mínimo dun ano tras o nacemento deste. Esta circunstacia poderá ser comprobada en calquera momento polo Concello de Vilasantar, solicitando os informes que procedan.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do libro de familia e do DNI da persoa solicitante.
- Copia do auto xudicial de adopción de ser o caso.
- Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para beneficiarse da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do concello que non se cupre algún dos mencionados requisitos.
- Certificación dos datos bancarios para ingresar o improte da axuda, de ser o caso.
- Autorización para a consulta dos datos persoais do pardrón de habitantes do concello aos efectos da comprobación do efectivo empadroamento das persoas solicitantes.
Novas, Xestión de residuos
Recollida de residuos voluminosos
O venres 20 de outubro terá lugar a recollida de residuos voluminosos no Concello de Vilasantar. É imprescindible anotarse antes do 18 de outubro chamando ao 981 77 81 69.
Lembramos que está prohibido tirar calquera tipo de residuos ao aire libre agás neste caso e previa anotación.
Novas
Prevención das condutas aditivas na infancia e adolescencia
A asociación sen ánimo de lucro Arraianas impartirá unha charla en Vilasantar sobre a prevención das condutas aditivas na infancia e adolescencia. É o inicio do programa «Máis ca un teito» de prevención universal no ámbito familiar que comezará a impartir Arraianas no noso concello.
Se na túa familia hai algún neno ou nena en idade escolar e queres aprender sobre prevención das condutas aditivas, anótate chamando ao 981 77 82 57.
- Martes, 24 de outubro
- De 18:00 a 20:00 h
- Local social de Vilasantar



