actividades municipais, igualdade, Novas
Curso de defensa persoal para mulleres
No marco do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, organizamos un curso de defensa persoal para mulleres.
Terá lugar o sábado 29 de novembre, no local social de Vilasantar, entre as 16 h e as 19 h. Trátase dunha actividade para mulleres maiores de 16 anos e menores con autorización.
Para inscribirse e participar, é preciso chamar ao 981 77 82 57.
actividades municipais, Novas
Talleres de manicura, peiteado e maquillaxe
- Taller de manicura: 11 de novembro ás 17:00 h
- Taller de peiteados: 25 de novembro ás 17:00 h.
Dirixido a persoas adultas, como complemento ao obradoiro de autoestima e coidado persoal celebrado recentemente.
- Taller de maquillaxe «Mini make up party»: 28 de novembro ás 18:00 h. Esta actividade, impulsada por petición de moitas familias do CEIP de Présaras, está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Todas estas actividades terán lugar no local social de Présaras.
Para participar ou inscribir a un menor ao teu cargo, chama ao 981 77 8257.
actividades municipais, eventos, Novas
XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA
Saúde e calidade de vida. XORNADAS DE TERMALISMO EN ATTICA 21 DE VILALBA.
- 7 de novembro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)
- 14 de novembro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)
Anotación: 981 77 82 57
Número de prazas: 30 cada días
Para persoas maiores de 65 anos ou con discapacidade, empadroadas no Concello de Vilasantar.
As prazas adxudicaranse por orde de anotación.
Non se poderá escoller a data.
Deberase levar traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla.


actividades municipais
Programa de benestar emocional para maiores de 60 anos
PROGRAMA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE
Un espazo semanal de charlas e sesións prácticas pensado para coidar a mente e as emocións. A través de encontros próximos e dinámicos, ofreceremos información, apoio e ferramentas útiles para:
- Mellorar o benestar emocional no día a día.
- Afrontar con serenidade os retos do envellecemento.
- Acompañar mellor ás persoas que nos rodean.
Un programa aberto para compartir, aprender e sentirse mellor.
- Local Social de Présaras
- Dende o 13 de outubro ata o 15 de decembro
- Todos os luns ás 11:00 horas
Inscrición e máis información chamando ao 981 77 82 57.
actividades municipais
TALLER DE AUTOESTIMAE COIDADO PERSOAL
- Sesión sobre o coidado da pel: 7 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
- Sesión sobre automaquillaxe: 14 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
- Sesión sobre a rutina de coidados: 21 de outubro ás 17: 00 h no local social de Présaras.
Para participar é preciso inscribirse chamando ao 981 778 257.
actividades municipais
Actividades municipais Vilasantar 2025-2026
Xa está dispoñible a información sobre as actividades municipais do Concello de Vilasantar para o curso 2025/2026. No botón de abaixo podes descargar o díptico con toda a información e a folla de inscrición para as actividades para a infancia e xuventude.
actividades municipais
Discovering English 2025
Discovering English é unha actividade para que a rapazada se familiarice co inglés divertíndose, a través de xogos, actividades manuais e outras dinámicas. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Desenvolverase os meses de xullo e agosto, os martes e xoves, de 16:30 a 17:30 h no local social de Présaras.
As prazas asignaranse por estrito orde de inscrición, dando prioridade á rapazada empadroada no Concello de Vilasantar.
Preinscrición aberta ata o 30 de xuño.
Máis información no 981 77 82 57.
actividades municipais, Novas
Excursión para maiores de 60 anos de Vilasantar
Xa está aberto o prazo para anotarse e desfrutar da excursión para maiores de 60 anos do Concello de Vilasantar. Nesta edición visitaremos Ribadeo, Rinlo e a praia das Catedrais. Será o 2 de xullo e a inscrición está aberta ata o 27 de xuño.
Para anotarse chama ao 981 77 82 57.
actividades municipais
Anótate para participar no día da bici 2025
Xa te podes inscribir para participar no día da bici! Será o 19 de xullo. O prazo de inscrición remata o 4 de xullo e podes anotarte en dependencias municipais.
Reunirémonos ás 10:30 h na praza da casa consistorial para organizarnos e saír ás 11:00 h. Realizaremos un percorrido duns oito quilómetros. É obrigatorio o uso de casco.
A maiores, despois de pedalear pola nosa fermosa contorna, sortearemos material deportivo entre as persoas participantes!
actividades municipais
XI Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños
Xa está aberta a preinscrición para o XI Campus de Deporte e Ocio Álex Bergantiños. Podes inscribir ao teu neno ou nena ata o 20 de xuño.
As prazas son limitadas e terá preferencia a rapazada empadroada. Se quedan prazas, a non empadroada terá acceso por orde de inscrición.
- Para nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, ambos anos incluídos.
- Todo o mes de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
- Na área recreativa O Roseo
A rapazada realizará actividades na natureza, na piscina, practicará sendeirismo, orientación, gymkhanas, xogos de mesa, deporte… Deben levar roupa cómoda, mochila equipada para piscina, aperitivo e auga.



