actividades municipais
Viaxe ao Aquapark de Cerceda
Dende o Concello de Vilasantar organizamos unha viaxe ao Aquapark Cerceda, porque non hai actividade máis refrescante e divertida no verán!
O venres 2 de agosto sairemos ás 11:00 h dende a casa do concello. As persoas menores de 16 anos deberán ir acompañadas dunha adulta.
Xa te podes inscribir na casa do concello ata o 25 de xuño.
actividades municipais
Clases de yoga en Vilasantar
Coñeces os numerosos beneficios físicos e mentais de practicar yoga? Poderalos experimentar moi pronto e moi preto de ti!
Grazas a unha profesora titulada, a veciñanza de Vilasantar poderá desfrutar de clases de yoga adaptadas a todas as idades, sexos e condicións físicas. Anota, que a primeira clase práctica é de balde! Aínda que seguro que non será a última, sentarache tan ben que repetirás.
- Mércores, 19 de xuño
- De 17:00 a 18:00 h
- Local social de Vilasantar
As prazas son limitadas, así que reserva o teu espazo canto antes no 623 257871.
actividades municipais
Celebramos o Día da Bici en Vilasantar!
O 21 de xullo celebraremos o Día da Bicicleta en Vilasantar cun percorrido adaptado para nenos e nenas e outro para persoas adultas. Ademais sortearemos material deportivo! Non esquezas o teu casco!
Pódeste inscribir na casa do concello ata o 4 de xullo. Máis información chamando ao 981 77 81 69
actividades municipais, Novas
Excursión para maiores de 65 anos
Se tes máis de 65 anos, tes unha cita o 26 de xuño! Pódeste anotar ata o 21 de xuño chamando á casa do concello, no 981 77 81 69.
Iremos a un dos maiores e máis famosos mercados de Portugal, en Valença do Minho. Despois xantaremos un delicioso menú no restaurante Glasgow, en Oia. Finalmente, iremos a Baiona, onde quen queira poderá visitar a Virxe da Rocha e a réplica da carabela Pinta.
Para facilitar a viaxe, o bus irá recollendo á xente polas parroquias.
O prezo da excursión é de 30 euros por persoa.



