Novas
BONO CULTURA. PUBLICADO 18/10/2022
BONO CULTURA
No DOG do día 14-10-2022 publícanse as bases reguladoras dos bonos culturais para o ano 2022. (procedemento CT500B e CT500C)
BONOS CUNHA CONTÍA DE 50€
– Para ser beneficiario/a do BONO CULTURA hai que ser maior de idade e residir en Galicia. Para usalo hai que empregar unha aplicación no móbil. Unha vez descargado da web poderase usar tantas veces como se desexe nos establecementos identificados, ata consumir a contía dispoñible (50 €).
– OS BONOS ESTARÁN DISPOÑIBLES NA WEB PARA A SÚA DESCARGA A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO DE 2022. https://www.bonocultura.gal
-Subvenciónanse a través dos bonos culturais, nos establecementos de Galicia adheridos ao programa, a compra de produtos culturais, a adquisición de música gravada en formato cd, vinilo, etc, material audiovisual en formato físico, libros, videoxogos, entradas para salas de cine, concertos de música, espectáculos escénicos, museos,…e calquera outro tipo de ben cultural. As vendas subvencionadas serán realizadas ata o 31 de decembro de 2022.
– Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta rexistrándose na web
– Coa descarga do bono pola persoa usuaria entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización na aplicación Wallet. (que se terá que descargar nun mobil)
Maís información na web www.bonocultura.gal, e no DOG do día 14-10-2022.
Novas
CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL 2022. PUBLICADO 10/10/2022
Dende hoxe ata o sábado 31 de decembro de 2022.
Campaña que ten por obxectivo mellorar a saúde dos galegos e galegas, reducindo a incidencia da gripe e a diminución das súas complicacións. Seguindo a estratexia da campaña previa, o inicio será secuencial para priorizar os colectivos con maior risco.
Podes consultar todas as dúbidas no portal de información para a sociedade: VACÍNATE DA GRIPE
Novas
Galicia pon en marcha o teléfono específico de atención administrativa xeral e preferente para as persoas maiores de 65 anos. PUBLICADO 06/10/2022
Dende o día 3 de outubro, está operativo o teléfono de asistencia directa para os galegos maiores de 65 anos para a axuda na realización de trámites coa Administración.
Trátase dunha iniciativa pioneira orientada a proporcionar unha atención máis personalizada, ademais de apoiar a independencia dos maiores, cuxo contacto coa tecnoloxía está moi por debaixo da media do resto da cidadanía. A liña da Canle+65 no número 900 333 666 evitará a escoita de mensaxes automatizadas e a marcacións de opcións, facilitándolles ás persoas maiores o contacto cun operador humano.
Este servizo ten como obxectivo romper a fenda dixital e facilitar o contacto directo coa Administración galega que inclúe servizos como:
- Cita en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde.
- Atención nas oficinas de Información e Rexistro da Xunta de Galicia.
- Atención nas oficinas da Axencia Tributaria de Galicia.



