Novas
AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B, C e D PARA XUVENTUDE. PUBLICADO 28/09/2022
Publicadas no DOG de hoxe, nº 185 de 28/09/2022: Axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B, C e D para xuventude. (BS321A Sede eléctrónica da Xunta) en réximen de concurrrencia non competitiva.
Prazo do: 29/09/2022 a 28/10/2022
Requisitos:
a) Ter cumpridos os 18 años, sin prejuicio da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun año.
c) Estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
d) Ter o permiso de conducir, para o que se solicita esta axuda con data de expedición entre el 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Importe axuda: 400 euros para permiso clase B, de 650 euros para clase C e de 1.300 euros para clase D.
Novas
COMUNICACIÓN DE ENCENDIDO NODO. NOVA XERACIÓN 4G E 5G. PUBLICADO 26/09/2022
O servizo móbil da nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 y 800 MHz dos principais operadores móbiles encontrarase proximamente dispoñible na nosa localidade. Esta mellora aumentará a velocidade de conexión a Internet e os servizos de televisión ademais de preparar as redes do Concello para futuras posibilidades tecnolóxicas.
A tecnoloxía prestada sobre estas bandas de frecuencia, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofertar mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible. Como emprega as mesmas bandas de frecuencia que o sinal de TDT, pódese dar algún problema no visionado de canais.
Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de tv, vídeo e música baixo demanda, así como deceas de novos servizos que verán a luz nos próximos anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.
A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode levar a aparición de determinadas afectacións ou incidencias na recepción da sinal TDT dos usuarios desta localidade, debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión.
Habilítase un telefóno de atención gratuito para todos os usuarios que necesiten solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución de afectacións e poder restablecer o servizo TDT con total normalidade.
TELÉFONO GRATUÍTO 900 833 999
E a páxina web con toda a información ao respecto:
Y la página web con toda la información al respecto es: www.llega700.es
Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, neste número de teléfono gratuíto atenderase calquera solicitude de afectación que presente calquer veciño. Un técnico cualificado desprazarase e procederá a levar a cabo as labores de acondicionamento necesarias para solventar a situación. Todo sen coste para o usuario.
Novas
CURSO PATCHWORK E COSTURA. PUBLICADO 15/09/2022
?? No Concello de Vilasantar ofrecemos á nosa vecindade un curso de patchwork e costura!
? Queres aprender a facer labores de costura, roupa, colchas, coxíns e calquera cousa que a túa imaxinación conciba? Pois chama ao Concello para inscribirte!
❗️ O prazo de inscrición é ata o 3 de outubro e as clases comezarían a mediados dese mes.
? Se queres ver todo o que ofrece este estupendo curso, bota un ollo ao perfil da profesora, Celsa Gómez García
Novas
CURSOS CELGA. PUBLICADO 13/09/2022
PROBAS CELGA ?, ? ? ?
As Inscricións e o pagamento da taxa, pode facerse dende hoxe 12 ata o 30 de setembro (código do procedemento PL500C)
As datas concretas das probas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.



