Novas
ACHEGAMOS A RECICLAXE Á VECIÑANZA.
Os Concellos de Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar, poñen en marcha unha iniciativa innovadora, un punto móbil itinerante que permite desfacerse daqueles residuos que, pola súa natureza, quedan fóra dos colectores de lixo habituais (orgánicos, envases, papel ou vidro) permitindo á veciñanza reciclar, de xeito totalmente gratuíto, diferentes tipos de residuos dun xeito eficiente e seguro, evitando así que teñan que desprazarse pola súa conta ás instalacións do punto limpo fixo.
Novas
AXUDAS TRANSPORTE ESCOLAR 2021-22; publicado o 11/11/21
. No BOP do 11 de novembro publícase a convocatoria das axudas para o transporte escolar 2021-22
. Prazo de presentación de solicitudes dende o 12 ao 26 de novembro
. Requisitos: Estar cursando bacharelato, FP ou equivalente nun centro oficial. Non ter dispoñibilidade de transporte gratuito e estar empadroado no Concello de Vilasantar
Autoemprego, Novas
PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS.
Prazo de presentación: Ata 30/11/2021
Novas
REMANENTE DE TESOURERIA: +193.385 €
O Concello de Vilasantar aclara o erro do xornal La Voz De Galicia máis da TVG onde manifestan que Vilasantar é o concello con máis remanente negativo de tesoureria de toda Galicia, concretamente -502.569. O remanente de tesoureria é o dato de maior relevancia na liquidación e pon de manifesto o estado de liquidez do concello a corto prazo e serve para facer modificacións presupuestarias no exercicio 2021, como así se aprobou no último pleno ordinario. O DATO REAL É UN REMANENTE DE TESOURERIA POSITIVO DE +193.385,23€.
Pódese ver este dato no portal de transparencia da nosa páxina web e avanzando por estes cam`pos: cuentas anuais, ayuntamiento de Vilasantar, consultar la cuenta anual, estado del remanente de tesoreria, remanente de tesoreria para gastos generales.



