Novas
CLASES DE PILATES DE ADULT@S; publicado o 26/10/21
MARTES E XOVES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE PRÉSARAS
DE 18:30 A 19:30
10€/MES
INSCRICIÓNS: 981778169
Novas
PROXECTO AMBIENTAL CURTIS, SOBRADO E VILASANTAR; publicado o 07/10/21
Reforzando o proxecto realizado no 2020, dende o pasado mes de setembro iniciouse a edición 2021 do Proxecto Ambiental Vilasantar, Sobrado e Curtis co obxectivo de incrementar a concienciación social e sensibilización cidadá. Para a colaboración ambiental entre os tres concellos foron contratados 4 técnicos.
A principal función dos técnicos será a supervisión e control dos impropios dos distintos colectores dos tres concellos. Para isto, estase a levar a cabo unha campaña de concienciación de corrección de impropios nos fogares e centros educativos.
Co fin de poñer en valor o medio natural entre os mais cativos, o longo do mes de outubro realizaranse unhas xornadas divulgativas de recollida do lixo e posterior clasificación.
Ademais, controlaranse puntos específicos de contaminación para poder recuperar estas zonas, centrándose na posta en valor do patrimonio ambiental dos concellos ( rios, lagoas, rutas de sendeirismo…).
Novas
RECOLLIDA DE COGUMELOS O SÁBADO 16 DE OUTUBRO; publicado o 06/10/21
Sábado 16 de outubro ás 9 horas na igrexa de Mezonzo. Regreso ás 13 horas e degustación na casa rural A Pontiga. Data tope de anotarse o xoves 14. Teléfono para anotarse: 664446951
Novas
“O CASTIÑEIRO DE FROITO” Publicado o 05-10-21
Data: xoves, 28 de Outubro de 2021 ás 16:00 horas
Lugar: Casa da Cultura – Rúa Campo da Feira, s/n Boimorto
Inscrición: Obligatoria e gratuíta. Prazas limitadas
Teléfono: 628 734 008. Luns a venres de 9:00-15:00
Último día para anotarse: mércores, 27 de Outubro.
Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2021. Cofinanciadas co 75% FEADER PROMOVE: Consellería do Medio Rural, Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Departamento de Investigación e Transferencia
Novas
AHORRO ENERGÉTICO ALUMBRADOS PÚBLICOS DEL CONCELLO DE VILASANTAR, PUBLICADO 01/10/2021
AHORRO ENERGÉTICO EN LOS ALUMBRADOS PÚBLICOS DEL CONCELLO DE VILASANTAR
Renovación del alumbrado público exterior del Ayuntamiento de Vilasantar, actuando en 299 de los 1.104 puntos de luz existentes, instalando luminarias LED más eficientes y actuando en 19 de los 100 cuadros de mando existentes. Asi se disminuirá la pontencia y se conseguirá un ahorro energético importante con participación en financiación de 80% del FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL (FEDER).

Novas
DOAZÓN DE SANGUE O DÍA 29 DE SETEMBRO; publicado o 22/09/21
O mércores 29 de setembro, entre as 16 horas e as 21 horas, na explanada situada diante do centro de saúde de Présaras estará a unidade móbil para doar sangue.



