Novas
SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA MAIORES ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE VILASANTAR COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN XERADA POLO COVID -19. Publicado 15/01/2021
O Concello de Vilasantar a partir desta medianoite quedará en nivel medio-alto de restricións debido a situación sanitaria na que nos atopamos. Por iso, debemos extremar a precaución co obxetivo de evitar concentracións de persoas en todos os ámbitos, entrada e saída de centros educativos, lugares de culto, centros de traballo, establecementos comerciais e instalacións deportivas entre outros.
Co fin de garantir a seguridade de todos os veciños e veciñas, o Concello de Vilasantar suspende temporalmente as Actividades Extraescolares e de Ocio e Tempo Libre para Maiores ( Talleres de Memoria) ata que a situación epidemiolóxica permita a súa continuación.
Somos conscientes dos inconvenientes que estas medidas preventivas poden supoñer para os veciños pero consideramos que son fundamentais para contribuir a mellora da situación epidemiolóxica do noso Concello.
Novas
RESUMO NOVAS MEDIDAS COVID-19; publicado o 15-01-21
Co fin de controlar a evolución dos contaxios de COVID-19 e de garantir o coñecemento por parte da cidadanía mostramos un resumo das medidas para os Concellos que se encontren no nivel medio-alto (entre eles Vilasantar) así como os que se encontren en nivel máximo de restriccións. Aproveitamos a ocasión para que teñan presente a necesidade de extremar a precaución e sair de casa só para o estrictamente necesario: traballo, compra, colexio…



