Novas
VISITA DO VICEPRESIDENTE DA XUNTA; publicado o 11-01-21
VISITA AOS PROXECTOS CONXUNTOS DOS CONCELLOS DE CURTIS, SOBRADO E VILASANTAR PARA LEVAR A CABO MELLORAS AMBIENTAIS E DE INFRAESTRUTURAS
- O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto cos Alcaldes dos Concellos de Curtis e Vilasantar visitaron as obras deseñadas para facilitar a mobilidade no límite que separa ámbolos dous concellos á altura do Conchovello.
- Visitaron tamén, un novo proxecto ambiental para a protección do medio ambiente no que participan os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado.
Novas
VISITA DOS REIS MAGOS EN VILASANTAR. Publicado 05/01/2021
Hoxe os Reis Magos acudiron a visitar aos nenos do concello de Vilasantar. Pasaron polo cole para entregarlle os regalos aos nenos que disfrutaban do Campamento de Nadal, pola gardería Os Picariños e polas casas dos nenos de Concello. Visita as fotos da xornada na galería fotográfica.
Novas
FELIZ 2021; publicado o 31-12-20
O Concello de Vilasantar, por medio de toda a sua corporación municipal, desexa a tod@ @s veciño@s unha muy boa entrada de ano e un FELIZ 2021.
Novas
BO NADAL. Publicado 23/12/2020
O concello de Vilasantar con toda a súa corporación municipal felicita a todos/as veciños/as de Vilasantar neste nadal tan distinto aconsellando q se teña moito tino e moito sentido común. BO NADAL
Novas
PAPA NOEL VISITA A GARDERÍA OS PICARIÑOS E O CEIP DE PRÉSARAS. Publicado 22/12/2020
Accede á galería fotográfica para ver todas as fotos da xornada.
Hoxe tivo lugar a visita de Papá Noel á Gardería «Os Picariños» onde os sorprendeu coa súa visita e agasallos. Posteriormente acudiu a visitar os rapaces do CEIP de Présaras , que con motivo da situación Covid e gardando as distancias de seguridade e con tódolos protocolos esixidos, recorreron as rúas de Présaras e cada neno recibiu o seu agasallo e os bos consellos de Papá Noel.
Este ano debido a situación xerada polo Covid os nenos recibiron un recado emitido por Papá Noel: que os Reis Magos debido a pandemia non poderán xuntarse como os outros anos cos nenos do Concello, pero que o día 5, cumprindo coa tradición, visitarán aos nenos do Concello que teñan 10 anos ou menos.
Novas
PRESENTACIÓN DO III OBRADOIRO DE EMPREGO «TERRAS DA MONTAÑA», publicado o 17-12-2020
Sobrado acolleu hoxe a presentación da 3ª edición do taller de emprego «Terras da Montaña». A iniciativa, promovida polos concellos de Sobrado, Curtis e Vilasantar, formará ao longo de nove meses a 20 alumnos/as en materia de xardinería e montes. Ao acto acudiron os alcaldes dos tres concellos, o profesorado e o alumnado do obradoiro. O obradoiro conta con 6 alumnos do concello de Vilasantar e tamén cunha veciña de Vilasantar como Directora.



